Amosando publicacións coa etiqueta biblioaxudantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioaxudantes. Amosar todas as publicacións

29.10.25

Día das Bibliotecas 2025: Biblioteca-Leolab

Pechamos a semana das Lecturas Terroríficas na biblio visionando o vídeo-resumo da apertura, un curso máis, da nosa Biblioteca-Leolab, conmemorando o Día das Bibliotecas 2025.

Contra a DESINFORMACIÓN: BIBLIOTECAS, SEMPRE!

13.2.25

Día Mundial da Radio 2025

Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Radio 2025 e, como cada ano, unímonos á proposta de Ponte nas... Ondas! e Rede Espora, grazas ao fantástico podcast creado polos biblioaxudantes de Radio na Biblio de 5º de primaria.

Premendo no seguinte enlace, poderedes ler a publicación realizada no blog do 3º ciclo e escoitar o seu previsor e imaxinativo podcast gravado en Radio Balea:

Parabéns polo fantástico traballo e feliz Día da Radio, hoxe e todos os días do ano!

 

24.10.24

Día das Bibliotecas 2024: BE-LeoLab Milladoiro

Conmemoramos o Día das Bibliotecas co mural "Elas escriben... Teatro en Galego" para pór en práctica a formación de usuari@s e con este vídeo-resumo do inicio do curso na nosa Biblioteca Escolar-LeoLab Milladoiro.

Os recreos na biblio-leolab, o labor solidario de voluntari@s biblioaxudantes de 6º de primaria ou as diversas exposicións son protagonistas no día de hoxe,

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
que se irá incrementando ao longo do curso

Ao lema do Día das Bibliotecas, Por un futuro sostible, só queremos engadir...

No que nunca nos falten...
as bibliotecas!

13.2.24

Día Mundial da Radio 2024

 

No presente curso iniciamos a denominada ¨Semana da Radio¨ que consistiu nunha rolda de entrevistas a distintos membros da comunidade educativa que colaboraron na elaboración dun podcast co gallo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro). Este sinalado día cadrou este ano co martes de entroido, por isto, dende Ponte...Nas Ondas! propuxeron a elaboración dun podcast que xirase arredor do entroido, facendo así unha dobre homenaxe.

Comezamos os preparativos convidando a Alberto Ordóñez, que veu darnos unha charla sobre o xornalismo, sendo posteriormente entrevistado no noso estudio polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Despois desta entrevista, visitáronnos diversas persoas que de maneira directa ou indirecta participan ou participaron no entroido malpicán. Todas as visitas foron entrevistadas en Radio Balea polo alumnado de 5º de Educación Primaria. 

O primeiro día, Charo Lema tratou o entroido de Cerqueda (Madamitos e ghuardineros), o segundo día Roberto Pardo contounos en qué consiste o Enterro de Faustino e por último, Suso do Becho compartiu as súas lembranzas sobre o extinto Xogo das vacas.

Compartimos as entrevistas realizadas polo alumnado do terceiro ciclo:

O podcast resultante é unha recompilación dos momentos máis interesantes destas entrevistas e que axudan a amosar e entender en que consiste o variado, único e orixinal entroido malpicán. Premendo no seguinte enlace accederedes ao mesmo, publicado en Escolas nas Ondas:

ENTROIDO MALPICÁN

Só nos queda desexarvos, a todas e todos, un...

 FELIZ DÍA MUNDIAL DA RADIO!!

24.10.23

Día das Bibliotecas 2023: BE-LeoLab Milladoiro

Conmemoramos o Día das Bibliotecas 2023 presentando o inicio do curso 2023-24 na BE-LeoLab Milladoiro: a nosa biblio!

A biblioteca de e para tod@s, na que o labor voluntario e solidario d@s biblioaxudantes, os recreos na biblio, as actividades, o PDI e as exposicións, entre outros, responden ás necesidades da nosa pequena comunidade: lectura, información e aprendizaxe.

Seguimos tecendo comunidade e, sempre, con identidade.

Continuará...

ODS 4

29.3.23

Formación Radio na Biblio

 Formación Radio na Biblio

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Un curso máis contamos con Ponte... nas Ondas! para levar a cabo a formación de radio escolar co alumnado de 4º de primaria, que o vindeiro curso serán biblioaxudantes de Radio na Biblio.

Da man de Damián, @s nen@s de 4ºEP aprenderon a usar o programa de gravación e edición de audio; así como técnicas de expresión oral, realización, por parellas, dun guión e posterior gravación do mesmo.

Unha nova experiencia formativa que aporta maior autonomía a nen@s para o uso de Radio Balea, a Radio na Biblio do CEIP Milladoiro.

7.6.22

Clausura BE-LeoLab: Biblioaxudantes e Máis León/Leona

Clausura BE-LeoLab 2021-22                                 Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Un curso máis, unha clausura máis da nosa BE-LeoLab.

Felicitar ao Máis León, Marco García (3º de Primaria), e á Máis Leona, Sofía Alfeirán (6º de Primaria), do curso 2021-22. 

Agradecemento infindo aos Biblioaxudantes, pola súa solidaria e inestimable contribución na organización e funcionamento da nosa Biblioteca e os seus espazos creativos. A Biblioaxudantes de 6º de Primaria desexámoslles que a súa nova singradura teña continuidade noutras Bibliotecas que os acubillen ao longo de toda a súa aprendizaxe de vida e a Biblioaxudantes de 5º de Primaria desexámoslles que o seu voluntariado solidario teña continuidade o vindeiro curso 2022-23.

A Biblioteca volverá abrir en outubro para iniciar unha nova travesía solidaria, compartida!

3.6.22

Recreos na Biblio!_3º trimestre

Recreo BE Milladoiro

Pechamos o uso e desfrute do espazo da nosa Biblioteca, por este curso, co agrado de atesourar a vida escolar en imaxes; entre elas, esta fotografía dun recreo do presente trimestre na Biblio: espazo vivo, viveiro de desfrute persoal e social, á calor de boas lecturas, de xogos, de experiencias compartidas e vividas entre iguais e con liberdade.

Grazas a toda a comunidade por aportar o seu gran de area na singradura proxectada ao comezo de curso: lectura, información e aprendizaxe ao abeiro da BE-LeoLab.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos dos recreos na biblio ao longo do curso, entre as cales se recollen as deste curto, pero intenso, último trimestre.

Voltamos en outubro!

7.4.22

Recreos na Biblio_2º trimestre

Presentamos o vídeo-resumo da Biblio de e para tod@s ao longo do 2º trimestre: biblioaxudantes, xogos, lectura, voluntari@s Hoxe le....

Grazas infindas a tod@s polo voso gran labor solidario a favor da nosa Biblio, espazo de encontro para eses momentos persoais e sociais tan necesarios.

Voltamos no 3º trimestre... con forzas renovadas!

21.12.21

Biblioaxudantes: recreos na Biblio!

Encantad@s de poder voltar desfrutar dos recreos na Biblio, aínda que sexa por grupos-aula, e agradecendo, hoxe e sempre, o traballo solidario d@s Biblioaxudantes 2021/22.

Continuaremos... no 2022!

4.6.21

Clausura BE-LeoLab: Máis León/Leona e Biblioaxudantes

Un curso máis chega ao seu fin, un curso no que vivimos moitas experiencias xunt@s; experiencias lectoras, radiofónicas, compartidas, solidarias, emotivas...experiencias todas elas: CONSTRUTIVAS!

Felicitamos a Isabel Varela e Iago Canizas por ser a Máis Leona e o Máis León do presente curso 2020/21 e aos Biblioaxudantes da BE-LeoLab Milladoiro pola súa solidaria e inestimable contribución na organización e funcionamento da nosa Biblioteca e os seus espazos creativos.

Aos Biblioaxudantes de 6º de Primaria desexámoslles que sigan medrando como persoas solidarias e creativas, coidándose, coidando das nosas Bibliotecas e aos Biblioaxudantes de 5º de Primaria esperamos que o seu voluntariado teña continuidade o vindeiro curso na nosa Biblioteca.

Premendo na segunda imaxe accederedes ao álbum de fotos da clausura.

Boa travesía, a seguir construíndo un mundo mellor!

19.2.21

Formación: Radio na Biblio_ 5ºEP


No día de hoxe, o alumnado de 5º de Primaria, recibiu a formación enmarcada dentro do programa Radio na Biblio.

Esta formación veu da man de Xerardo e Damián de Ponte...nas Ondas! que fixeron unhas sesións moi divertidas e con moito contido práctico para que o alumnado cada vez sexa máis autónomo no uso do noso estudo de Radio Balea. A formación estructurouse como segue:

 - Parte técnica: modificación e edición de audios a través do programa Audacity, que utilizamos para a gravación de podcast. 
 - Expresión oral: modulación de voz, xogos de expresión combinando intensidade, velocidade... 
 - Gravación e edición final dun podcast: o alumnado, por parellas, creou un pequeno guión para gravar e crear un podcast conxunto. Foi unha experiencia MARABILLOSA, moi axeitada ó alumnado, divertida e enriquecedora. 

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de imaxes do día.

Moitas grazas a Xerardo e Damián pola súa valiosísima formación e á Asesoría de Bibliotecas Escolares, que segue apostando pola innovación e mellora da calidade educativa, e son @s artífices de que este tipo de actividades poidan desenvolverse no noso centro e con persoal altamente cualificado.

11.2.21

Día Mundial da Radio: Radio Balea

O vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e para conmemoralo unímonos á proposta feita por Ponte...nas Ondas!: preséntasnos a radio do teu centro?

As/os biblioaxudantes de 5ºB: Daniela, Antía e Pablo, foron as/os encargadas/os de locutar esta marabilla de podcast no que narran moi ben como naceu e se foi conformando Radio Balea, a nosa Radio.

Parabéns polo fantástico resultado!

Seguimos comunicando, emocionándonos...nas ondas de Radio Balea.



10.2.21

Biblioaxudantes 2020-21

Presentamos o vídeo-resumo do extraordinario traballo que desenvolven ao longo do curso os/as biblioaxudantes.

No presente curso 2020/21 o alumnado de 5º de Primaria colabora en Radio na Biblio e o alumnado de 6º de Primaria axuda nas diversas tarefas da Biblioteca, que non son poucas. 

Cabe recoñecer a súa motivación e esforzo sempre, pero este curso máis ca nunca; xa que ante os peches temporais da Biblioteca derivados de gromos que nos obrigaron a readaptarnos...ELAS/ELES nunca perderon a ilusión por voltar colaborar, axudar, remar xuntas/os para seguir vivindo a nosa Biblioteca, o noso colexio.

Grazas mil e parabéns polo vosa fantástica e solidaria labor diaria.

Seguimos!



Biblioaxudantes_"Novo mundo, nova radio"

 

Os/as biblioaxudantes de Radio na Biblio de 5ºB gravaron os podcast:

  • MillaInforma II: Rosalía de Castro, arredor da gran escritora galega para dar comezo ao laboratorio que se está a implementar este mes de febreiro: Laboratorio de Son e Día de Rosalía.
Asemade, unímonos á proposta feita por Ponte...nas Ondas! para celebrar o Día Mundial da Radio (13 de febreiro): presenta a radio do teu centro. Nelo están inmersos/as os/as nosos/as biblioaxudantes esta semana e deseguro que será un excelente podcast de presentación de Radio Balea, a nosa Radio.

Parabéns polo voso esforzo e colaboración para que a Biblioteca, a Radio, segan activas e tan creativas neste novo mundo que nos toca vivir.