As redes de Ines from bemilladoiro on Vimeo.
Nenos e nenas de 1º ilustraron este fermoso texto de Elvira Riveiro
O resultado é delicioso!
"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta animacion à lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animacion à lectura b>. Amosar todas as publicacións
30.5.16
31.5.15
Festa de clausura
O pasado venres celebramos a nosa festa anual de clausura das actividades da biblioteca.
Como xa é tradicional, entregamos uns pequenos agasallos e un diploma ao equipo de escolares colaboradores de 6º que tanto contribúen durante todo o ano ao corresto funcionamento da nosa biblio.
Ademáis, entregamos os premios aos Máis leóns que, un ano máis resultaron ser dúa LEONAS.
AQUI podedes ver todas as imaxes.
Como xa é tradicional, entregamos uns pequenos agasallos e un diploma ao equipo de escolares colaboradores de 6º que tanto contribúen durante todo o ano ao corresto funcionamento da nosa biblio.
Ademáis, entregamos os premios aos Máis leóns que, un ano máis resultaron ser dúa LEONAS.
AQUI podedes ver todas as imaxes.
Etiquetas:
animacion à lectura,
nós
25.10.13
Pases ao Liberespazo
Botamos a andar o curso 2013/14 xa a comezos deste mes. O motivo de que non nos asomáramos a esta fiestra electrónica ata hoxe é, como xa podedes supoñer, a falta de tempo: cada vez somos menos e queremos atender ás mesmas cousas. Pero xa estamos aquí. Esta imaxe que vedes é a da entrega dos Pases ao Liberespazo na aula de 5º. trátase dunha iniciativa da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Nós ímolos usar en tódalas aulas e cada escolar irá anotando nel os libros que vai lendo. Por cada3 recibirá unha chapiña ata un percorrido de 4 (que coinciden coas cores das idades recomendadas): azul, verde, amarelo e vermello. Ao completar o percorrido recibirá un agasallo de Leo que, de momento é SORPRESAAAAA!!!!
O curso trouxonos tamén outras novidades das que xa vos iremos dando conta.
Etiquetas:
animacion à lectura,
pases
16.5.13
O carballo con botas
O pasado luns os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron un encontro con Anxo Moure e o seu "Carballo con botas"
Anxo xa estivera con nós cando a catástrofe do Prestige, no ano 2003 e xa nos trouxera un carballo plantado nunha bota que logo fomos plantar nós a Seaia e cando fixeron as obras do Centro Cívico.... levárono por diante sen ningunha clase de consideracións.
Pois ben, agora volveu xa co seu conto publicado Para quenes non coñezades o conto deixovos esta presentación
Anxo xa estivera con nós cando a catástrofe do Prestige, no ano 2003 e xa nos trouxera un carballo plantado nunha bota que logo fomos plantar nós a Seaia e cando fixeron as obras do Centro Cívico.... levárono por diante sen ningunha clase de consideracións.
Pois ben, agora volveu xa co seu conto publicado Para quenes non coñezades o conto deixovos esta presentación
Etiquetas:
animacion à lectura,
anxo moure
1.5.13
A construcción do lector
Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Velaí as palabras dun home-mestre-escritor que sentimos moi, moi cercano. Agustín Fernández Paz clausurou os últimos Encontros dos centros PLAMBE que tiveron lugar en Compostela o pasado mes de marzo. Esta Reflexión de Agustín sobre como se forma un lector paréceme sublime. Entre outras cousas responde a ese lugar común de que... con tal de que lean, que lean calquera cousa E Agustín di NON. NON. e NON. Non vale todo. Non vale de nada ler calquera cousa. Sabémolo quenes seguimos procesos de construcción de lectores: se se devoran vampiros (ou ratos detectives, ou nenos-magos... porque están de moda, eso non signfica que se siga lendo. Por exemplo. Convídovos a escoitar a conferencia completa porque, ademáis, Agustín é moi ameno falando. Graas, MESTRE.1.4.13
Outros tempos, o mesmo traballo
Estas fotos teñen... seis? sete anos? Pois aínda as temos máis antigas.
Así que preparádevos que de cando en vez habemos de ir quitandolle o pó a algunhas.
Vexamos a canta xente coñecedes delas!
Anos pasados pero a actividade na biblioteca e as técnicas do traballo documenta.... como se fora agora mesmiño!
Así que preparádevos que de cando en vez habemos de ir quitandolle o pó a algunhas.
Vexamos a canta xente coñecedes delas!
Anos pasados pero a actividade na biblioteca e as técnicas do traballo documenta.... como se fora agora mesmiño!
Etiquetas:
ALFIN,
animacion à lectura
9.3.13
A maxia dos contos
O pasado día 4 os pequenos de E. I., recibiron a visita de dous contacontos que nos agasallou a editorial Kalandraka.
Unha maravilla de profesionalidade por parte deles e unha experiencia fermosa e motivadora para os nenos e nenas. Alguén dá máis?
AQUÍ tendes a reportaxe completa
Etiquetas:
animacion à lectura,
E.I.,
kalandraka
18.1.13
Lecturas pola Paz
DIA DA PAZ from pazlorenzo
Xa está nas mans do profesorado o almanaque de actividades encol do Día da Paz
Unha delas é unha selección de libros que os profes leremos para os nenos e neas, cada quen na súa aula, a partires do luns 21.
Os libros seleccionados son os seguintes:1.- Wangari y los árboles de la paz
2. La bibliotecaria de Basora
3. A guerra dos números
4. Palabras máxicas
5. Orellas de bolboreta
6. Sacapenas
7. O segredo de Flora
8. Recetas de lluvia y azúcar
9. La ovejita que vino a cenar
10. La escuela secreta de Nasreem
Premendo sobre os títulos destacados, podedes acceder ás presentacións audiovisuais dalgún deles. Os libros xa están ocupando un andel especial na nosa biblioteca.
Felices lecturas pacíficas!
Etiquetas:
animacion à lectura,
Día da Paz
9.12.12
Que serei, que serás?
Estas son as nosas recomendacións para este Nadal. Veredes que, fundamentalmente son libros pero hai algo máis...
Esperamos que as lecturas sigan alimentando a imaxinación porque o mundo sempre será de quenes se atreven a soñar.
Felices lecturas!
Etiquetas:
animacion à lectura,
guias,
nadal
22.11.12
Selección de lecturas terroríficas
Para todo este asunto do Samaín seleccionamos, coma decote, un feixe de lecturas que, tamén coma decote, o profesor José encargouse de colocar dun xeito atractivo e terrorífico.
PREME sobre o cartel e verás algunhas imaxes da exposición
PREME sobre o cartel e verás algunhas imaxes da exposición
1º: O último canto
Escenificación do conto do mesmo título de OQO Editora a cargo dos nenos e nenas de 1º.
Etiquetas:
animacion à lectura,
lecturas terrorificas,
medo,
oqo,
samain
12.11.12
Finaliza a III Semana das Lecturas Terroríficas
Rematamos a III Semana das Lecturas Terroríficas cun grande éxito de público e actores/actrices.
As diferentes aulas escolleron principalmente libros para a súa representación:
Agora sei que andades a gravar as voces para deixalas tamén aquí. Excelente!
As diferentes aulas escolleron principalmente libros para a súa representación:
- Corre, corre cabaciña (OQO)
- O último canto (OQO)
- Bola de manteiga, (OQO)
- A casa da miña avoa,
- Adiviñas monstruosas
- Unha pantasma con asma (Kaladraka)
Agora sei que andades a gravar as voces para deixalas tamén aquí. Excelente!
Etiquetas:
animacion à lectura,
lecturas terrorificas,
medo,
samain
A casa da miña avoa
Nenos e nenas de 3º o pasado xoves escenificando A casa da miña avoa que eles mesmos debuxaron en kamishibai.
Unha marabilla!
Poderato
Etiquetas:
animacion à lectura,
kamishibai,
lecturas terrorificas,
medo,
podcast,
samain
7.11.12
Bola de manteiga
Aqqui tendes aos nenos e nenas de 2º escenificando Bola de manteiga, ese libro que tanto lles gusta.
Etiquetas:
animacion à lectura,
lecturas terrorificas,
medo,
samain
5.11.12
Unha pantasma con asma
Hoxe foi o turno de 6ºA coa escenificación do texto Unha pantasma con asma
Se queredes descargar o texto, podedes facelo AQUI
Etiquetas:
animacion à lectura,
lecturas terrorificas,
medo,
pantasmas,
samain
1.11.12
Corre, corre cabaciña
Corre, corre, cabaciña, o libro de Eva Mejuto, foi o escollido por estes dous grupos para ler e representar.
Escoialos ler e ver a ´sua interpretación do texto, foi unha auténtica delicia!
PINCHA sobre a foto e poderás ver tódalas fotos da representación.
Etiquetas:
animacion à lectura,
lecturas terrorificas,
medo,
samain
1.6.12
Festa final: lendo para vos
Hoxe foi a nosa festa: a festa da biblio.
Tódolos anos esperamos esta ocasión para agradecer aos nosos nenos e nenas tanto traballo, tanta lectura, tanta atención... E este ano decidimos LER PARA ELES.
O certo é que foi moi emocionante: por ler para os rapaces, por ler nós xuntos, por preparar a lectura...todo iso que durante o ano os nenos e nenas fan gustosamente para compañeiros e profesores, hoxe fixémolo nós. E foi moi bonito.
Escollimos o libro de Ana Mª Fernández A CASA DE HABÍA UNHA VEZ (Xerais, 2001) que nos pareceu o máis acaído para rematar este curso no que tentos contos aprendimos e ¡escribimos!
Tamén entregamos os premios aos máis leóns de 2º e 3º cdiclos que resultaron ser Nico (de 6º) e Clara (de 4º) Abrimos un paquete que nos deixou Leo e, para rematar, todos recibimos caramelos e marcapáxinas.
Xa só queda, escoller os libros que leremos nas vacacións e seguir disfrutando da lectura e dos contos compartidos.
Grazas a todos e todas
Etiquetas:
animacion à lectura,
celebraciòns,
findecurso,
nós
29.5.12
As mamás tamén contan
xa sabedes que gusto de andar por outras bibliotecas escolares e disfrutar do que fan. E paseino xenial na do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras. Son un grupo de mamás! Si, animadísimas como vedes, comprometidas coa animación á lectura dos seus fillos e fillas non dubidaron en escenificar este conto que tanto nos gusta A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
E que a min sempre me pareceu que esto de achegar aos rapaces á literatura e motivalos, sendo unha cuestión escolar, non vai a ningures se as familias non se comprometen con ese obxectivo. E aí as tendes: animadas e comprometidas. Parabéns!
E que a min sempre me pareceu que esto de achegar aos rapaces á literatura e motivalos, sendo unha cuestión escolar, non vai a ningures se as familias non se comprometen con ese obxectivo. E aí as tendes: animadas e comprometidas. Parabéns!
Etiquetas:
animacion à lectura,
familias
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)