Amosando publicacións coa etiqueta amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amor. Amosar todas as publicacións

20.2.14

Xa temos os RESULTADOS!!!


Nico (EI-3 anos),
Paula Vidal (1º),
Zoe (4º) e
Cristian Fdez.(5º)
 foron os gañadores e gañadoras do concurso Quérote máis que....




 Velaí o que escribiron:


Nico: (a súa nai) ... un rosco de limón. 

Paula: (a mamá e papá) ...ir de vacacións.

 Zoe: (a Carme Mª)... un plato de caldo no inverno cando vai frío. 


Cristian: (a súa nai) ...ver todo París desde a fermosa Torre Eiffel.

Foi unha actividade que nos gustou moito e limos frases moi, moi ocurrentes. Porque co amor... xa se sabeque nos volvemos moi, moi creativos.
 

15.2.14

Quérote máis que... (2)

https://plus.google.com/photos/116444161631097709496/albums/5980678845828232737

Xa está a exposición e as votacións!!!!
Premendo na imaxe poderedes acceder ás fotos que fixemos o venres.
O luns faremos o reconto para coñecer as frases gañadoras e o martes daremos a coñecer os nomes dos seus autores/as.
Seguide cantando a canción e dedicádella a quen pos pareza.
A que cada vez que a cantades provocades un sorriso?
Pois.... a cantar!

5.2.14

Quérote máis que... (1)


 A que é bonita?
 Pois imos aprendela e se queredes, podedes participar no concurso de mensaxes de amor que organizamos con motivo da festa do AMOR. Xa vos daremos máis detalles. De momento, íde aprendéndoa.
 Aquí tendes a letra.

Canta: O Sonoro maxín.

E a letra debémoslla aos nosos amigos de Aula blogue Venres 14: votacións Luns 17: reconto Martes 18: entrega de premios e CANTAMOS XUNTOS.

18.2.11

Venres: Unha de amor (1º)




Unha de amor, da serie Os contos da rata Luísa, foi o texto escollido en 1º.
Así escoitamos como Luisa e Roxelio querían casar...¡e ó final conseguírono!
Un libro que fixo as delicias de tódolos pequenos.

E, con isto, rematou esta semana tan intensa.
Pasámolo ben. Desempolvamos libros.
Démoslles vida.
Houbo nervios (mesmo entre as profes!)
Pero, sobre todo, houbo moita alegría e moito gusto por facelo ben e agradar. E esas son virtudes moi importantes: aspirar a facer, calquera cousa que sexa a que fagamos, o mellor posible, perfeccionarnos cada día. E facer a vida agradable ó noso redor:

Alguén dá máis!

Pola nosa banda, prometemos repetir.

Venres: Amor de Mar (E.I. 5 anos)




Trátase do libro de Miguel Desclot: Amor de mar (Baía Edicións)
Estes pequenos xa len. E están moi contentos de ter aprendido. Non é que o diga eu: só tendes que verlles as caras.
Contáronnos esta historia fermosa e quédanos o recordo: desde hoxe este non será un libro calquera para nós.

Xoves: Os pitiños (E.I. 4 e 5 anos)




Así foi. Antes de Rosalía, puidemos escoitar esta coñecida conción de amor materno-filial nas voces dos máis pequenos:
Os pitiños fan
pío, pío, pío
cando teñen fame....

Seguide cantando!

Xoves: Rosalía de Castro (3º)


Nenos e nenas de 3º, da man da súa profe, Tudita, agasalláronnos cun poema de Rosalía.
Non só recitaron, tamén nos agasallaron cuns corazóns fermosísimos que fixeran e cunha selección de citas literarias sobre o AMOR.
E pasámolo XENIAAAAAAAAAAL!

17.2.11

Mércores: Regueifa de Amor e desamor (6º)


Aí os tedes! Dicíndose copliñas de amor e desamor. O certo é que o pasamos moi ben ensaiando, aprendendo...e dicíndoas!
Agora recollerémos máis entre as familias porque... habelas, hainas!
Deixovos o enlace ó caderno por se queredes miralo detidamente.
Ah! E podedes aportar as que saibades.

16.2.11

Martes: Antono Gracía Teijeiro en 4º


A nós emocionáronnos os fermosos poemas de amor de Gª Teijeiro nas voces dos nosos nenos e nenas de 4º.
Un placer, sempre, escoitar poesía. Feita para pequenos e dita por eles.
O AMOR á súa medida.

15.2.11

Luns: A raposa cor de mel


Os nenos e nenas de 5º, da man da súa profe, Chus, prepararon para todos nós esta deliciosa peza de Bernardino Graña.
Trátase dunha recreación do conto clásico da ratiña presumida, adiado no contido.

Podedes lelo na nosa biblio

10.2.11

Preparando a chegada do AMOR



Niso andamos esta semana.
Os cursos que así o decidiron andan a prepara lecturas dramatizadas de textos que falan de AMOR para ofrecelas ós compañeiros e compañeiras na Hora de Ler da vindeira semana na biblioteca.
O almanaque previsto de actuacións é o seguinte:

Luns 14: A raposa cor de mel, por 5º nivel.
Martes 15: Poesías de Antonio GArcía Teijeiro, por 4º (A e B)
Mércores 16: Regueifa de Amor e Desamor, por 6º (A e B)
Xoves 17: Poema de Cantares Gallegos (Rosalía de Castro) por 3ª e A canción dos pitiños, por E.I.
Venres 18: Amor de Mar, por E.I. (5 e 3 anos) e Unha de amor, por 1º
Gústannos os poemas de amor, as cancións de amor, os libros que falan de amor... porque sentimos que se ese fora o motor de canto facemos...¿o mundo sería mellor!
Na biblioteca, estes días podedes disfrutar dunha selección de lecturas que dunha ou doutra maneira, falan sobre este tema. Coma sempre, son para ler aquí ou para levar e disfrutalas na casa. Como prefirades.
Enlazamos unha selección de libros feita polo Segrel e un fermosísimo caderno de poemas feita pola instituto de Camariñas

2.3.10

Amor...¡e máis amor!


O prometido: reportaxe de imaxes da actividade coa que tanto disfrutamos.

Traballos premiados : AMOR


Velaí os tarballos premiados no 1º Concurso de Cartas e Debuxos de AMOR.
A votación, como sabedes, levouse a cabo o pasado venres no recreo e a entrega de premios foi onte luns.
Ide lendo os traballos que logo vos poñerei as fotos da actividade ¡e dos/as premiados/as!

9.2.10

O amor...¡non ten lugar!



Seguro que vos enche de tenrura.
Porque é verdade que o AMOR pode nacer en calquera lugar. Só hai que estar disposto a recibilo
(Vía Mesturas)

17.2.09

Postais de amor romántico



A semana pasada andivemos moi ocupados/as escollendo poemas de amor nos libros.
Foi unha actividade moi divertida.
O sábado, non houbo ningunha casa na que non se repartira algún verso.
Os poetas máis solicitados foron: Antonio García Teijeiro e Rosalía de Castro.

Na foto en que se ve o andel da selección de libros... aparecen poucos ¿verdade? é que a fixemos nunha sesión de traballo e os libros estaban sen usados :-)

Pois, ¡que non remate o amor nin a poesía!

9.2.09

Lecturas de amor romántico

Estes días vas oir falar moito de AMOR. De amor romántico, que é unha das formas en que se manifesta ese fermoso sentimento que move o mundo.
¿Queres ler historias de amor? Seguro que xa coñeces O soldadiño de chumbo, a Sereíña (se pinchas nos enlaces poderás ver os vídeos)
... pero... ¿queres ler máis?
Desde a biblioteca preparamos para ti unha selección de historias amorosas: de amores correspondidos, de outros que non o son, de primeiras citas, de aventuras...


Se, ademáis, queres aprender algo máis sobre San Valentín e como se celebra esta festa noutros países, pincha no enlace.
Despois de facelo, estarás preparado/a para facer este xogo que fixeron as compañeiras do Ceip. Andrade de Ferrol




E non esquezas querer a quenes tes ó lado!!!