Amosando publicacións coa etiqueta clausura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clausura. Amosar todas as publicacións

29.5.25

Clausura BE-Leolab 2024-25

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un curso máis realizamos a clausura da Biblioteca Escolar-Leolab facendo entrega dos recoñecementos, máis que merecidos, a alumnado e aulas: voluntariado solidario, lectura, radio, reciclaxe, actividades lúdicas e deportivas.

Un mar de experiencias vividas e compartidas ao longo dun curso no que finalizamos un novo PDI e valoramos o esforzo, a implicación e a solidariedade da nosa pequena comunidade, como se reflicte no seguinte vídeo co que pechamos o acto de clausura: lectura, información e aprendizaxe ao servizo do currículo e de tod@s, compensando as desigualdades de partida.

Clausura BE-Leolab 2024-25 de bemilladoiro

Despedir o curso rememora vivencias e emocións compartidas, e o noso "ATA PRONTO E FELIZ TRAVESÍA" vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria que pecha unha etapa para iniciar outra, mais ben saben que esta sempre será a súa escola bibliotecaria.

Continuará!

Feliz verán lector!

31.5.24

Clausura BE-LeoLab 2023-24

 Clausura BE-LeoLab 2023-24
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe, día no que realizamos a clausura da biblioteca, celebramos diversos recoñecementos que indican a boa saúde da que goza a nosa "escola bibliotecaria": voluntariado solidario, lectura, radio, reciclaxe, actividade lúdica e deportiva. Premendo nos enlaces accederedes a máis información:

  • Biblioaxudantes da Biblio, alumnado voluntario de 6º de primaria que desenvolveron un incalculable labor a prol da organización e funcionamento da nosa biblioteca.
  • Máis Leonas/Máis León, recoñecemento ao maior número de lecturas realizadas ao longo do curso, que recaeu en Leticia Chouciño de 6º de primaria, en Rita e Martín Cousillas de 3º de primaria; ante a ausencia de Martín, foi súa irmá Rita quen recolleu o seu diploma e agasallo.

  • Finalistas do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (Proxecta+). Ao longo do curso o alumnado que, de maneira voluntaria, participou en actividades deportivas tamén recibiron cadanseu diploma: finalistas de bádminton e finalistas de cros.
  • Finalistas dos Recreos Activos, alumnado que participou en variedade de xogos de mesa (xadrez, dominó, virus, tres en raia) tamén recibiron regalo e diploma acreditativo.
  • Reciclaxe. A aula de 4º de primaria recibiu diploma de grupo e individual polo seu labor voluntario como policías do lixo e que desenvolveron ao longo do curso vixiando que cada aula realizase correctamente a reciclaxe. Ao tempo, entregaron a todo o alumnado e profesorado unha insignia de reciclaxe, por participar activamente na reciclaxe dentro de cada aula. Ademais, entregaron ás aulas que máis puntuación obtiveron por reciclar correctamente, un diploma para colocar no taboleiro de aula. Os diplomas recaeron en: 4º e 5º de infantil, 1ºB-2º de primaria e 6º de primaria.

Parabéns e grazas a tod@s!

Despedir o curso rememora vivencias e emocións compartidas, e o noso "ATA PRONTO E FELIZ TRAVESÍA" vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria que pecha unha etapa para iniciar outra, mais ben saben que esta sempre será a súa biblio, o seu cole.

O vindeiro curso... máis!

5.6.23

Clausura BE-LeoLab 2022/23

Chegou o día, finalizamos o curso 2022/23 da nosa BE-LeoLab. Un curso no que retomamos a "normalidade", volvendo ser NÓS: recreos e empréstitos na biblio, biblioaxudantes, lecturas compartidas, actividades entre iguais, con familias...Clausura BE-LeoLab

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Na biblio estivemos todas e todos agradecendo o labor solidario dos biblioaxudantes da biblio e de radio na biblio.

Asemade, celebramos o recoñecemento da gañadora e dos gañadores no torneo de xadrez; así como o "Máis León" (Breixo de 3º de primaria) e "Máis Leona" (Mara de 5º de primaria)

Un curso moi noso. O vindeiro curso... nova travesía!



7.6.22

Clausura BE-LeoLab: Biblioaxudantes e Máis León/Leona

Clausura BE-LeoLab 2021-22                                 Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Un curso máis, unha clausura máis da nosa BE-LeoLab.

Felicitar ao Máis León, Marco García (3º de Primaria), e á Máis Leona, Sofía Alfeirán (6º de Primaria), do curso 2021-22. 

Agradecemento infindo aos Biblioaxudantes, pola súa solidaria e inestimable contribución na organización e funcionamento da nosa Biblioteca e os seus espazos creativos. A Biblioaxudantes de 6º de Primaria desexámoslles que a súa nova singradura teña continuidade noutras Bibliotecas que os acubillen ao longo de toda a súa aprendizaxe de vida e a Biblioaxudantes de 5º de Primaria desexámoslles que o seu voluntariado solidario teña continuidade o vindeiro curso 2022-23.

A Biblioteca volverá abrir en outubro para iniciar unha nova travesía solidaria, compartida!

4.6.21

Clausura BE-LeoLab: Máis León/Leona e Biblioaxudantes

Un curso máis chega ao seu fin, un curso no que vivimos moitas experiencias xunt@s; experiencias lectoras, radiofónicas, compartidas, solidarias, emotivas...experiencias todas elas: CONSTRUTIVAS!

Felicitamos a Isabel Varela e Iago Canizas por ser a Máis Leona e o Máis León do presente curso 2020/21 e aos Biblioaxudantes da BE-LeoLab Milladoiro pola súa solidaria e inestimable contribución na organización e funcionamento da nosa Biblioteca e os seus espazos creativos.

Aos Biblioaxudantes de 6º de Primaria desexámoslles que sigan medrando como persoas solidarias e creativas, coidándose, coidando das nosas Bibliotecas e aos Biblioaxudantes de 5º de Primaria esperamos que o seu voluntariado teña continuidade o vindeiro curso na nosa Biblioteca.

Premendo na segunda imaxe accederedes ao álbum de fotos da clausura.

Boa travesía, a seguir construíndo un mundo mellor!

10.6.19

Clausura e Máis Leonas


Hoxe puxemos fin ás actividades da biblio que este ano foron moi especiais, como sabedes, a causa da enorme trasnformacion que sufreu e porque as obras duraron ata as vacacións de semana santa.

 Puxemos fin, coma decote, entregando os Premios ás máis leonas que este curso recaeron en Saray García Rojo (de 6º de Primaria) e Andrea Vila Amado (de 4º de primaria)
 Despedimos tamén aos nosos colaboradores que tiveron moito traballo e nós apreoveitamos para agardecerlles o traballo e desexarlles moitos éxitos nos novos coles aos que van.

1.6.18

Festa de Clausura da Biblioteca Escolar

Coma adoitamos facer cada curso, desde hai 24 anos, remata maio e con el, a actividade da nosa biblioteca escolar. Tempo de facer balances, de ver canto lemos, cantos títulos incorporamos, canto prestamos, cantas actividades organizamos... Un mundo de traballo que non sería posible sen a colaboración xenerosa dos nenos e nenas de 6º. Rapaces e rapazas que, cenerosamente renuncian a un recreo semanal (como mínimo!) para poñerse a traballar para todos e todas. Dámoslles as grazas ao tempo que os despedimos. Tamén agasallamos ás lectoras que leron máis libros e este ano, como novidade, aos gañadores do concurso para pórlle nome e logo á nosa radio. Parabéns a todos e todas E felices lecturas!

1.6.17

Clausura da Biblio e Premios

Festa de clausura da Biblioteca Escolar from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe puxemos fin ás actividades anuais da Biblioteca Escolar. E fixémolo como adoitamos facer: entregamos un pequeno agasallo ao alumnado de 6º que nos axuda todo o ano na actividade diaria dicíndolles, unha vez máis, que sen a súa colaboración esto non sería posible.
Tamén entregamos os tan agardados diplomas de Máis León e/ou Máis Leona que este ano recaeron en
Aitana Vázquez Silva, de 3º
Daniel Fariña Outeiro, de 5º B
Ademáis dos diplomas acreditativos, recibiron cadanseu lote de 2 libros escollidiños coma as fabas e agardamos que lles fagan seguir a disfrutar des placer que tan ben coñecen: O placer de ler.
A biblio volverá o vindeiro curso.

8.6.14

Clausura


O pasado venres puxemos fin ás actividades anuais da biblioteca entregando, como xa é tradicional, uns agasallos ás alumnas colaboradoras e os tan agardados premios aos MÁIS LEÓNS do curso. Este curso resultaron ser: Lía (4º e Nati (5º) dúas auténticas LEONAS ás que felicitamos desde aquí.