Circuitos e Maquinas from bemilladoiro on Vimeo.
Estas son as imaxes do último proxecto na aula de 6º: construcción dun circuito eléctrico integrando, a ser posible, algunha máquina simple. Admítíase a colaboración da familia e os escolares debían, ao presentar o seu proxecto, expoñer aos compañeiros o desenvolvemento, as fases da construcción e os materiais utilizados. Un éxito. Un ano máis."Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta circuitos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta circuitos b>. Amosar todas as publicacións
30.5.15
16.6.10
A biblio en pequeniño
Si. É a nosa biblio. A maqueta fíxoa Alberto (6ºB) dentro dunha actividade de construcción de circuitos eléctricos.
Conseguiu sorprendernos a todos con esta reproducción chea de detalles: o ordenador, a papeleira, o escenario, os sillóns... ¿que dicir dos libros?
Por suposto, a luz encende á perfección.
Foi unha sorpresa e, eu entendo que tamén é, un homenaxe á nosa biblio e a todo canto Alberto disfrutou dela durante todos estes anos.
Que sepas, Alberto, que sempre poderás volver porque esta será para sempre a vosa casa e un lugar de acollida.
Para ti, e para todos e todas quenes seguides o curso natural da vida e marchades ó Instituto.
Pola miña parte...GRAZAS por esta maqueta á que pensamos reservarlle un lugar de honra dentro da Biblio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)