"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
1.6.12
Festa final: lendo para vos
2.5.11
Eu leo para ti
Iso foi o que fixemos hoxe: lemos para un compañeiro ou compañeira máis pequenos (había algúns que tiñan dous afillados!)
Nos días anteriores xa se presentaran: padriños e madriñas forn ás aulas onde están os seus afillados co fin de darse a coñecer. De paso, preguntáronlles polas súas preferencias literarias: xéneros, personaxes, autores... para escoller mellor o libro que lle lerían.
E hoxe foi o día.
Na miña opinión son uns imaxes belísimas.
Creo que repetiremos en anos sucesivos. Paga a pena.
Ah! Andabamos acelebrar o Día do libro. Pero...¿fai falta un motivo?
17.2.11
Mércores: Regueifa de Amor e desamor (6º)
Aí os tedes! Dicíndose copliñas de amor e desamor. O certo é que o pasamos moi ben ensaiando, aprendendo...e dicíndoas!
Agora recollerémos máis entre as familias porque... habelas, hainas!
Deixovos o enlace ó caderno por se queredes miralo detidamente.
Ah! E podedes aportar as que saibades.
14.11.09
Un día para lembrar
O venres celebramos o Magosto. Castañas, cinza... risas, películas... e moito traballo.
Logo, os profes comimos xuntos e alguén celebraba algoooooo!!!
O dito: un día para lembrar
30.1.09
O noso Día da PAZ
Estes son algúns dos momentos que vivimos hoxe: poemas, debuxos, canción...alegría, desexos, reflexión... paises, culturas... nenos e nenas... armas de chocolate, pistolas de caramelo, tanques de gominola...
Tal vez.
Algún día.
De momento, van reflexionando e aprendendo palabras de PAZ.
Desde o equipo de Biblioteca fixemos unha selección poética para os diferentes cursos: un poema para cada grupo, que aprenderon e aparecen colgados en arquivos de voz na entrada anterior deste blog. Hoxe, no acto de celebración léronse só algúns: Uruguay, Perú, García Teijeiro, a Rolda do Soldadiño que nos cantaron os de infantil...
Previamente fixeran as cortinas de PAZ coas siluetas de pombas que cada ún coloreara. Despois, cantamos a canción que Mabel escolleu para todos.Para rematar, os nenos e nenas do 3º ciclo formaron a palabra PAZ que ensaiaran coa profe Laura.
Unha bonita xornada. Emotiva. Das que tocan o corazón.
29.11.08
Crónica do acto II
Ó acto , entre outras persoas, fomos invitados os responsables de bibliotecas escolare. Dª Mercedes Cabrera, tivo unha lembranza agarimosa para os centros galegos que obtivemos o Premio Nacional de Boas Prácticas de Bibliotecas Escolares no ano 2007. Velaí unha reseña do acto en clave regueiferia.
Primeiro os clubs de lectura,
importantes, necesarios...
¡que mérito en secundaria
para ós libros achegalos!
Logo as dificultades
do traballo voluntario,
...e logo aparece a queixa:
"¡precisamos máis horario"
Mercedes dice que claro,
que as horas son necesarias
para levar a bo porto
tarefa tan abnegada.
E aí faluo Dona Laura
sin que naide a presionara:
que se o recoñecemento
de labor tan necesaria,
que se o cincuenta por cento
da nosa carga horaria
que xa está no borrador
que a Consellería prepara.
Que aínda non é o momento,
que xa está consensuado,
que se chama borrador
porque non está aprobado.
Que non lles vai dare tempo
denantes da eleccións,
pero que xa está escrito
para a súa aprobación.
Loly, Benito e mais eu
mandibulas desencaixadas
ollos fora das súas cuncas
e a face líbida e pálida.
Non son esas as noticias
que do ROC ten esta tropa
pero si o di Dona Laura
non hai naide que lle tosa.
Carta na mesa está presa
benquerida Conselleira
e se falou non falara
que nós somos xente moi seria.
Se falou por asombrare
á ministra de Madrí
mais asombrou, non o dude,
ós tres que eramos de aquí.
Esperamos que vostede
cumpla a palabra dada
porque de falar prá feira
témola conta pechada.
Crónica completa:
O Segrel do Penedo: Capìtulo I
Bibliovóbeda: Capítulo III
24.6.08
Grazas: Mª Esther
Esta foi a frase do día. Desde o corazón.
GRAZAS, Mª Esther.
36 anos ininterrumpidos de mestra en Malpica. Varias xeracións de malpicáns pasaron pola súa aula.
O pasado xoves, todos e todas rendémoslle unha pequena homenaxe.
Subidos ó escenario os seus alumnos/as actuais, a promoción anterior (que agora acaba sexto) e tódolos exalumnos/as que poideron achegarse, cantáronlle a coro a canción de El Canto del Loco: Gracias. Desde o patio de butacas cantaba tamén o resto do colexio (todos aprenderan a canción)
O máis bonito foi como se gardou o segredo durante máis dun mes: no cole e na vila, de maneira que Mª Esther foi para o Centro Cívico pensando que ía ó festival de fin de curso.
Alí estaban os seus fillos e noras, o Sr. Alcalde e unha nutrida representación de pais e nais.
Esther xubílase por imperativo legal pero deixa en nós unha pegada de profesionalidae e de amor ós nenos e nenas, de traballo ben feito, de interés por todo o que enriquece a educación... Ata o último día: o seu último traballo escolar cos alumnos/as foi de educación documental.
Asegúranos que non deixará de colaborar coa Biblioteca e que nos adicará algo do seu tempo de xubilada moi, moi ocupada.Que así sexa, porque nos deixa un oco moi grande.
Grazas, Mª Esther.
30.3.08
2 de Abril Día Internacional do Libro Infantil
Via Bibliotecas Escolares de Galicia, traémosvos a información sobre a celebración este ano do Dia Internacional do libro Infantil.
Coma todos os anos, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2008 correspondeulle a Tailandia e é o autor desta nacionalidade, Chakrabhand Posayakrit , quen nos achega unha fermosísima imaxe e un texto que se inicia con esta afirmación, que subscribimos: A busca do saber a través da lectura debe recibir un trato prioritario e cómpre que se fomente dende a infancia.
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. MENSAXE
Para completar, via o Ceip Mestre Martinez Alonso, aí van eses poemas con música. Para cantar.
30.1.08
¿Guerra ou chocolate?: CHOCOLATEEEEEEEEEEE!!!!!!
MANIFESTO POLA PAZ dos nenos e nenas do MILLADOIRO
-Que os seres humanos respecten a tódolos demás
-Que non importen as diferenzas relixiosas
-Que tódolos seres humanos adultos teñan un posto de traballo
-Que ninguén sexa discriminado pola cor da súa pel ou o seu país de orixe
-Que se respecte a riqueza dos países pobres (que non lles merquemos as materias primas baratas para venderllas despois en forma de productos elaborados e caros)
-Que os gobernos distribúan a riqueza en forma de servizos sociais para tódolos cidadáns
-Que os productos de primeira necesidade sexan asequibles para os países máis pobres
-Que homes e mulleres poidamos convivir en paz
-Que practiquemos a tolerancia uns cos outros
-Que non usemos as mans para pegar senón para axudar
-Que fagamos a Paz e non a guerra
-Que acabemos co terrorismo que fai o mundo horrible e vivamos coa Paz que fai o mundo xenial.
No veamos la Paz como una utopía, sino como una condición indispensable para la vida; como el agua, como los alimentos y como el aire.
Aprender a reirnos con otras personas y no de otras personas, sabiendo distinguir entre lo que es un chiste y lo que es una burla, considerada esta última como un modo de agresión o violencia más o menos disimulada.
Demostrar que una cosa es vivir con humor ciertas situaciones y otra, muy distinta, perder el respeto por los demás, actitudes que se confunden mucho en estos días
Favorezcamos la autoestima, la solidaridad y el diálogo.
¡POLA PAZ!
O presente Manifesto foi elaborado nas súas aulas polos nenos e nenas de 5º e 6º durante a última quincena co fin de ser lido hoxe, DIA DA PAZ, no acto que se celebrou pola tarde no patio do colexio e no que, ademáis, cantamos todos xuntos a canción Bandera de manos de Juanes
Pola mañá, os pequenos asistiron na biblioteca á lectura do conto Marce o carteiro, que nos chegou nun audiovisual vía a Biblioteca do Ceip de Pazos. Os de 4º leron de marabilla e, ó final: ¡Todos comimos chocolate!
20.12.07
14.12.07
Celebramos o Premio MEC
Hoxe celebramos unha pequena recepción no colexio á que invitamos á representación de tódolos sectores desta comunidade escolar. Pais, nais, alcalde, tècnico de cultura, concelleira, exconcelleiro, e case todos nós (os profes) reunímonos entorno ó escritor, profesor e malpicàn Xelucho Abella para celebrar a concesión dese premio MEC que ten un nome tan bonito: Premio ás Boas Pràcticas.
O obxectivo fundamental era comunicar a nova e contaxiar satisfacción e orgullo.
Este é un pobo moi pequeno que cando sae nos xornais adoita ser na secciòn de sucesos, polo que este recoñecemento ten un valor especial.
Colexios pequenos, de vilas pequenas, na periferia da periferia... colexios pùblicos. ¡Unha honra!
Aproveitamos a presenza entre nós do señor Inspector para comunicarlle a nosa preocupaciòn de que este servizo descanse sobre actos voluntarios, cando deberìa pertencer à columna vertebral dos centros educativos: ou sexa aparecer no ROC. Co que se mostrou conforme.
Houbo discursos, literatura, comida, bebida e... moita camaraderìa.
Mari, a compañeira que coordina o GT do blog tiroume das orellas porque non nomeei este recurso novo nas miñas palabras. Agora, tento desculparme colgando a nova para que o blog dé a primicia e cumpla unha das funciòns que lle temos asignadas: divulgar
Enfin: unha xornada para recordar.