Amosando publicacións coa etiqueta cabazas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cabazas. Amosar todas as publicacións

30.10.24

Cabazas... do máis natural!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O Samaín... xa está aquí!

A nosa tradicional exposición de cabazas creadas en familia, un curso máis, está adicada ao PDI que nos ocupa: "Cabazas... do máis natural!"

A creatividade de nen@s e familias non deixa de sorprendernos: animais, bosques, plantas... e ata un personaxe de conto (Naturizo, o porco espiño amigo de Leo)

Parabéns a tod@s!

1.11.23

Cabazas 2023: MEDO A...

Presentamos en formato audiovisual as exposicións das cabazas creadas en familia en relación co PDI que nos ocupa: medo a...

Parabéns a tod@s, encarar os nosos medos comeza por expresalos e... que ben se reproduciron, unhas creacións fantásticas.

28.10.21

Cabazas lendarias!

Presentamos o vídeo-resumo das fantásticas cabazas creadas en familia.

A creatividade dos/as nenos/as e as súas familias non deixa de sorprendernos.

Moitos parabéns, unhas cabazas lendarias.

Feliz Samaín 2021!

27.10.20

Cabazas Fantásticas

 

Parabéns a todo o alumnado e familias polas Cabazas Fantásticas creadas!

Celebramos a XI Semana de Lecturas Terroríficas moi ben acompañados/as coas cabazas SH: SuperHeroes e SuperHeroínas da literatura, do cine, da nosa invención.

Para celebrar un Samaín fantasiando, imaxinando, creando e que nos faga sentir o que estamos a ser e facer día a día: auténticos e auténticas SH.

Quen dixo medo? 

UN SAMAÍN FANTÁSTICO!


29.10.19

Cabazas 2019


Velaí o derroche de imaxinación do noso alumnado e das súas familias para decorar as cabazas deste ano.
O certo é que cada ano supéranse.
O ano que ven... máis!

5.11.18

Cabazas mariñeiras

Damos as grazas a tódalas familias pola amplísima participación e por tal derroche de creatividade. Cada ano sorprendédesnos pero, se cabe, este ano a sorpresa foi maiúscula: nunca pensamos que o tema do Mar dera para tanto á hora de decorar cabazas. O dito:
 GRAZAS!

13.11.17

Gañadores do concurso de Cabazas decoradas

Velaí o resutado do Concurso de cabazas decoradas:

Máis Actual: Raúl Pérez Veres (6º de primaria) 
Máis Cómica: Óscar Veiga Pombo (5º de Primaria) 
Máis Terrorífica: María Nantón Pose (3º de Primaria) 
Máis Fantástica: Sofía Alfeirán Souto (2º de Primaria) 

Parabéns!

6.11.17

Concurso de cabazas

Recuncamos no concurso de cabazas decoradas e.... velaí o resultado. Grazas a todos e todas pola participación!

3.11.15

Cabazas terroríficas

Foron moitas as actividades que desenvolvimos a semana pasada con motivo da celebración do Samaín. Entre elas. o concurso exposición de cabazas: terroríficas, simpáticas, actuais, fantásticas... Unha actividade que comparten as familias e que sempre nos sorprende.

30.10.13

Samaín

Rematamos hoxe as actividades do Samaín desmontando esta marabillosa exposición de cabazas decoradas.
A verdade é que cada ano nos sorprendemos coa imaxinación que teñen estes nenos e nenas. Mirade, senón, esa familia de Chuchocachiños (lembrade que temos o libro na biblio).

PREMENDO NESTE ENLACE poderedes ver tódalas fotos. Bueno... as que nos deu tempo a facer pois este ano, sen que saibamos a razón, as cabazas podreceron moi rápido e algunhas... non puidemos fotografalas.
A semana que ven comezan as xa famosa IV Semana Lecturas terroríficas: tódolos días na biblio na Hora de Ler.
Feliz fin de semana a todos e todas

22.11.12

Cabazas

Esta é unha das actividades anuais que teñen máis éxito. Eu penso que, entre outras razóns, porque se fai en familia.
Pero, creédeme se vos digo que nunca coma este ano vimos tanta creatividade. E non é unha frase feita, nin un lugar comón. Non. Mirade esas imaxes e xa veredes como concordades comigo.