Amosando publicacións coa etiqueta consorcio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta consorcio. Amosar todas as publicacións

30.5.25

Anxo Moure: natureza e tradición

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria gozou cos contos e cantos de Anxo Moure. Contando, cantando e tocando animou a pequen@s e maiores, transmitindo o respecto, coidado e preservación do medio. Historias solidarias coa terra e as persoas que a habitan, defendendo o conto como ferramenta educativa, tal e como se recolle no proxecto de Anxo Moure: contos solidarios.

O seguinte vídeo é un resumo da divertida e educativa sesión con Anxo Moure.

Agradecid@s ao Consorcio Editorial Galego por facilitarnos a sesión e a Anxo Moure pola súa gran sensibilidade e amabilidade.

18.4.24

Punto Laranxa e "Pasando a Bóla"

Punto Laranxa: acoso e ciberacoso escolar

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Chegou a todos os colexios públicos de Galicia o Punto Laranxa contro o acoso e o ciberacoso escolar. Un punto físico para deixar no seu buzón mensaxes escritas ao redor de situacións de acoso propias ou que se perciban en terceiros. Un punto tamén virtual, a disposición na web do noso colexio.

O alumnado de 6º de primaria foi o encargado de inFORMAR ao resto de alumnado, mesmo creando un cartel moi ilustrativo para o Punto Laranxa do noso cole.

Ao tempo, grazas ao Consorcio Editorial, iniciamos o noso Mes das Letras 2024 coa actividade cultural de A Xanela do Maxín: Pasando a Bóla para o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria e inspirada no título de Celtia Figueiras "A Banda dos Insectos. Pasando a Bóla" que David nos entregou en doazón.

A Xanela do Maxín: Pasando a Bóla

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha representación teatral, dirixida por David, na que o alumnado desenvolveu un papel activo, protagonizando diversas escenas de acoso nas que o público participa aportando posibles solucións ás situacións representadas.

No seguinte vídeo podedes visualizar como a Roncolla realiza unha das súas reflexións finais de cada escena ao redor do termo "chivato" e como @s nen@s voluntari@s len, a modo de peche da actuación, os diversos dereitos aportados por David, que tamén alude aos deberes de tod@s.

Dereitos e deberes para desenvolver unha convivencia respectuosa e pacífica na que TOD@S contamos moito e temos moito que contar, pola nosa saúde e benestar persoal e social.

26.4.23

Mes das Letras: teatro "Sorpresa"


Hoxe o alumnado de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria asistiron, na biblio, ao teatro. 

O bo facer de Sara, de A Xanela do Maxín, fixo que sigamos a reflexionar sobre o coidado do medio e a reciclaxe. A peza titulada "Sorpresa" vai narrando, mediante caixas sorpresa, pequenos contos que invitan á reflexión coas diversas preguntas que pechan cada relato.

Agradecemos, un curso máis, ao Consorcio Editorial Galego á fantástica experiencia cultural e de sensibilización medioambiental.

A Xanela do Maxín

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

22.11.22

Celtia Figueiras: Lúa quere viaxar a... Marte!

Celtia Figueiras

Premer na imaxe para acceder a máis información

Hoxe @s nen@s de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria puideron desfrutar dunha actividade cultural na nosa lingua e dando tratamento á igualdade de xénero: a gatiña Lúa quere ser astronauta.

Celtia Figueiras, acompañada dos seus títeres, realizou unha marabillosa contada baseada nun libro da súa autoría: Lúa quere viaxar a... Marte!, ilustrado por Marcelo P. Fernández e editado por Guindastre (a disposición na nosa Biblio)

Agradecemos ao Consorcio Editorial Galego que siga achegándonos cultura na nosa lingua. 

30.5.22

A Xanela do Maxín: Toupiciencia Show

A pasada semana, o alumnado de 4º E.Infantil a 2º de E. Primaria experimentou na biblioteca grazas ao divertido espectáculo, Toupiciencia, da man de Toupiña e o seu axudante Petronio. Un proxecto de dinamización científica EN GALEGO que xa divulgamos no 1º trimestre.

Realizaron experimentos que nos achegaron ao método científico de forma dinámica e facendo maxia, xa que o seu labor é a busca de futur@s científi@s.

Moitas grazas ao Consorcio Editorial Galego pola fantástica experiencia cultural e científica con A Xanela do Maxín.

Foi unha actuación espectacular onde o pasamos xenial e despois de dous cursos de cultura a distancia... chegou o gran día de voltar escoitar as gargalladas d@s nen@s, grazas ao teatro, na nosa Biblio.

Premer na imaxe para acceder á galería
Axenda 2030

5.2.21

Toupiconsellos: 1º e 2º Primaria

 


Ao longo desta semana a aula de 1º de Primaria  e a aula de 2º de Primaria desfrutaron dunha actividade de animación á lectura cargada de consellos.

A toupiña protagonista do conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza foi a encargada de asesorar moi ben aos nenos/as de 1º e 2º de Primaria.

Un pracer ver a nosa Biblioteca chea de vida mediante as actividades culturais, esperamos que o vindeiro curso poidamos desfrutalas con animadores/as en vivo, desexando cambiar xa a pantalla polo escenario.