Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións

21.11.19

Premioooooo!

Unha convocatoria máis (e xa van tres) o noso centro recibe esta distinción: A Consellería premianos polo noso traballo de dous cursos no Proxecto Documental Integrado O mar que nos dá...

Somos unha comunidade escolar moi afortunada pois, non só contamos con excelentes profesionais, senón tamén cunhas familias que responden á primeira colaborando en canto vos solicitamos e un concello que nos apoia no que lles demandamos. Así que:
Grazas! 
porque este Premio é tamén voso. 

Como xa sabedes, tamén recibimos este premio no cusro 15/16 (Da cociña á mesa) e no 16/17 (Pintamos moito!) Deixámosvos o enlace á resolución na páxina da Xunta así como o vídeo que resume o traballo destes dous cursos.

30.10.19

Resolución concurso Voces Terroríficas


Resultaron gañadoras as irmáns Carmela e Icía Velasco Cures coa narración:
 A meiga que ve o futuro

Tamén houbo un agasallo por participar para:

O xigante Leoponcio de Pablo e Benito Varela Añón
A casa a escuras de Antía e Lucas Cousillas Antelo
O lobishome de Bergantiños de Dania Blanco

Agradecemos ás familias o esforzo que fan para participar neste concurso e felicitamos a todos e todas porque o xurado tivo un traballo ben difícil!

Tódalas narracións están publicadas en entradas anteriores deste mesmo blogue.

29.10.19

O xigante Leoponcio. Irmáns Varela Añón


Pablo e Benito, xunto cos seus papás, preséntannos esta narración que ten como protagonista a Leoponcio, un xigante moooooooi.....
....escoita!

A casa a escuras. Irmáns Cousillas Antelo


Antía e Lucas presentan esta narración que....
....dá medooooo!

28.10.19

A meiga que ve o futuro. Irmáns Velasco Cures


Chéganos unha nova historia terrorífica. Titulada: A meiga que ve o futuro, está narrada pola familia Velasco Cures especialmente por Icía e Carmela (alumnas de 4º)

Apagade as luces e ... dipoñédevos a... pasar medooooooo!

O lobishome de Bergantiños. Dania Blanco


Esta é a primeria pista de son que nos chega para participar no concurso Voces terroríficas.Enviouna a familiade Dania Blanco, de 6º de Infantil.

Isto si que é medo, medo... do de verdade!
Escoitade.

21.10.19

Chega o Samaín!

Un ano máis xa está aquí o Samaín! Esta é a nosa selección de lecturas para estas datas. Asemade, xa temos todo listo para o concurso de seres misteriosos que forman parte d nosa tradición oral. Sabes quen é Ana Manana? E o Sacaúntos?... Ide buscando as respostas e... 
a pasar meeedoooo!!!

15.11.17

XIV Edición do Concurso CONTOS DE NADAL de La Voz e Radio Voz

BASES Obxecto: o obxectivo do presente concurso é descubrir o talento literario e espertar a imaxinación entre os escolares da Costa da Morte. Participantes: poderán participar todos os nenos que estuden 2.º ciclo de primaria en todos los centros escolares da Costa da Morte Texto: cada unha das creacións poderá ter unha extensión máxima de dous folios por unha cara (1.500 caracteres). A temática dos contos deberá estar relacionada co Nadal. Desenvolvemento: de entre todos os contos recibidos, o xurado elixirá dez que serán publicados en La Voz de Galicia. De entre eses dez sairán os tres gañadores, que serán emitidos a través de Radio Voz Bergantiños. Categorías e premios: establécense premios aos tres mellores e diplomas aos seleccionados . Prazo e lugar de inscrición: cada colexio deberá enviar os textos correctamente identificados á delegación de La Voz de Galicia (R/ Gran Vía 84 – 1º. 15100 Carballo) ou entregalos no seu concello respectivo, antes do mercores 30 de novembro do 2017 Organiza: RadioVoz y La Voz de Galicia Inscricións: antes do 30 de Novembro de 2017 Patrocina: edp renewables Colaboran: Concellos Costa da Morte

13.11.17

Gañadores do concurso de Cabazas decoradas

Velaí o resutado do Concurso de cabazas decoradas:

Máis Actual: Raúl Pérez Veres (6º de primaria) 
Máis Cómica: Óscar Veiga Pombo (5º de Primaria) 
Máis Terrorífica: María Nantón Pose (3º de Primaria) 
Máis Fantástica: Sofía Alfeirán Souto (2º de Primaria) 

Parabéns!

26.3.15

Concurso: Nós lemos, e ti?

Enlace ás Bases do Concurso Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.

 Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar. Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro.

Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico.

Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:
 Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org
 OEPLI. concursodiainternaconal@oepli.org

 Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías
( Primeiros lectores: 1º, 2º e 3º de Primaria /
 Lectores avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria /
Superlectores: 1º e 2º de Secundaria) e ámbito lingüístico.

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.

5.2.14

Quérote máis que... (1)


 A que é bonita?
 Pois imos aprendela e se queredes, podedes participar no concurso de mensaxes de amor que organizamos con motivo da festa do AMOR. Xa vos daremos máis detalles. De momento, íde aprendéndoa.
 Aquí tendes a letra.

Canta: O Sonoro maxín.

E a letra debémoslla aos nosos amigos de Aula blogue Venres 14: votacións Luns 17: reconto Martes 18: entrega de premios e CANTAMOS XUNTOS.

19.5.10

Concurso escolar ONCE



Unha vez máis, os mestres e alumnos deste colexio, nos acercamos un anaquiño mais á discapacidade con varias actividades nas que experimentamos as sensacións que produce padecer algún tipo de limitación visual, auditiva, motórica, intelectual...) buscando e reflexionando sobre as barreiras existentes.

Semanas despois de aprender a escoitar ca vista, ler cas mans, ver cos oídos, sentir, tocar, atopar obstáculos, lemos e comentamos entre todos os textos propostos pola ONCE sobre diferentes aspectos relacionados coa discapacidade. Cada grupo de alumn@s elexiu un relato, púxolle título e deseñou unha portada. Os gañadores do concurso pódense consultar aquí. Nós non gañamos o concurso pero si gañamos moito enriquecemento persoal. Agora vemos, escoitamos, tocamos, ulimos e gustamos doutro xeito. E temos detectadas moitas, demasiadas diría eu, barreiras arquitectónicas en Malpica.

En total participamos 225.201 alumn@s de toda España, 9473 mestres e mestras, 2954 coles. Cos 62198 traballos presentados se construiu un mosaico. Se queredes consultar algunha das nosas creacións preme en "mosaico" e introduce a categoría e o código postal de Malpica.



Categoría A: 3º e 4º de Primaria

Categoría B: 5º e 6º de Primaria

Código Postal: 15113



MOSAICO

5.5.10

Premios de debuxo



Tamén esta semana recibimos esta agradable noticia: varios dos nosos escolares de E.I. e 3º nivel, que tiñan participado nun concurso organizado por unha firma comercial sobre os piollos e o seu tratamento...FORON PREMIADOS.

Recibiron cadanseu estuche con pinturas, rotuladores...chulísimos!

Eles e las estaban moi orgullosos. Non hai máis que verlles as cariñas!

2.3.10

Traballos premiados : AMOR


Velaí os tarballos premiados no 1º Concurso de Cartas e Debuxos de AMOR.
A votación, como sabedes, levouse a cabo o pasado venres no recreo e a entrega de premios foi onte luns.
Ide lendo os traballos que logo vos poñerei as fotos da actividade ¡e dos/as premiados/as!