Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións

15.10.25

AS NOSAS LETRAS: Fina Casalderrey

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos curso coa exposición trimestral adicada a autorías galegas, AS NOSAS LETRAS!

No 1º trimestre celebramos a escrita de Fina Casalderrey, mestra, escritora e membro da Real Academia Galega. Autora que é imprescindible coñecer e... ler!

Ao tempo, a exposición é un excelente recurso para apoiar o itinerario lector de 6º de primaria, que acolle no Plan lector 2025-26 o exemplar de Fina, Dúas bágoas por Máquina. Exemplar ao que tamén darán tratamento no programa solicitado no presente curso: Clubs de lectura.

Leo anímate a... marabillarte con Fina Casalderrey!

23.1.13

Fina Casalderrey


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
As bibliotecas escolares galegas rendímoslle a Fina a nosa máis sinceira homenaxe polo seu labor que é o noso. 

Entrada publicada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.


E AQUI TENDES O ENLACE á entrada que fixemos aquel na primavera de 2009 na que tivemos o placer de compartir a nosa biblioteca con Fina para que falara con nós de libros, de lecturas... ¡da vida!

1.5.09

Fina Casalderrey


O mércores 29 visitounos Fina Casalderrey. Viña ver ós nenos e nenas de 3º e 4º.
Fina. Toda tenrura. Blandiña, cercana, quentiña...Fina, contadora de historias, contaxiosa no entusiasmo. Fina, sorriso constante aínda nos temas menos bonitos. Fina, vital e atrevida coas palabras. Fina, trasniño facendo guiños á picardía. Fina, muller, cun pé na fantasía e outro na realidade. Fina, mestra,pertiño dos corazóns respondendo tódalas preguntas. Fina, humana contando cousiñas da súa propia vida.

Dígovos que as profes e os pequenos disfrutamos. Co corazón.
Ela tamén, anque fóra traballo. Hai traballos que sen fan de boa gana e xente que os fai moi ben.
Aí está Fina.
E, lembrade: Fina Casalderrey . NON Fina Cacadelrey