Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA PAZ. Amosar todas as publicacións

4.2.22

Lab. de Imaxe: en busca da PAZ

Cuberta Fuxiron por mar de Xelucho Abella

Ao longo do mes de xaneiro, un mes difícil por mor da pandemia, desenvolvemos o Laboratorio de Imaxe arredor do noso PDI e do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

O laboratorio iniciouse nas sesións impartidas polo equipo tecnolóxico cun xogo de retos, escapismo para descubrir o nome e apelidos dunha persoa de orixe malpicá que, no seu día, emigrou ou fuxiu en busca da PAZ.

Posteriormente, dende as diferentes titorías levouse a cabo a investigación para pechar o laboratorio con produtos finais en diversos soportes e formatos.

Premendo en cada enlace accederedes ás publicacións realizadas nas diferentes bitácoras dos ciclos:

Parabéns a tod@s pola creatividade e esforzo na búsqueda, selección, organización e comunicación da información.

Seguimos querendo coñecer e valorar o noso!

Axenda 2030



13.2.20

Libro das vacinas do Bo Trato

Con motivo da celebración do Día da Paz e do noso Proxecto sobre a Ciencia, elaboramos este Vademecum con vacinas para conseguir o mellor dos tratos posibles. Pensamos no que nos incomoda nas relacións que establecemos e inventamos vacinas para protexernos e ... vivir en PAZ.
Mirade canta marabilla!

4.2.19

ANO NOVO CHINO E DÍA DA PAZ

Mañá , 5 de febreiro é o día no que se festexa o Ano Novo Chino. Decidimos celebralo, así que preparamos unha mesa tendo en conta os costumes chinos: os farolillos, fixemos un cartel felicitando o Día da Paz e o Ano Novo Chino,  as tarxetas vermellas cunha mensaxe de Paz e felicidade: Un sorriso pode cambiar o mundo.  Moitas clases do cole animáronse a participar nesta actividade, así que deixamos todas as tarxetas nunha mesa, e ó longo da xornada fomos pasando por alí a coller unha das tarxetas. Foi unha actividade xenial e participativa. FELIZ DÍA DA PAZ E FELIZ ANO NOVO CHINO!!!!



FOTOS ANO NOVO CHINO