Amosando publicacións coa etiqueta 3º trimestre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º trimestre. Amosar todas as publicacións

16.5.25

Últimas adquisicións: Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos as últimas adquisicións do curso 2024-25, que ao longo do 2º e 3º trimestre foron ampliando o catálogo da nosa biblioteca con exemplares diversos.

Exposición, a de novidades, que é a máis visitada de todas as que dinamizamos ao longo do curso; a quen non lle gusta ter nas súas mans novos libros e novas historias, aventuras, informacións en formatos e soportes diversos.

O vindeiro curso... máis lecturas para tod@s!

10.4.24

Proposta de actividades_3º trimestre

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos a proposta de actividades para a recta final de curso. Unha proposta que acolle o noso Mes das Letras e o Día do Medio Ambiente, entre outros, con actividades diversas: lectura activa, encontros, visitas, creatividade, reciclaxe e moito máis.

Un trimestre para valorar, concienciar, divulgar...

2.4.24

Leo le... NOVIDADES!_2º e 3º trimestre

 Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os libros que ocuparon o expositor Leo le... NOVIDADES!, ao longo do 2º trimestre e inicio do presente 3º trimestre.

Celebramos o Día do Libro Infantil 2024 coas novas adquisicións que xa catalogamos e viaxan ás aulas, aos domicilios... para gozar da lectura, hoxe, e todos os días do ano.

A seguir lendo... crecendo!

9.6.23

"Aprende a través do surfing"

Aprende a través do surfing
Aprende a través do surfing
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

No día de hoxe, os grupos de 3º a 6º de primaria finalizan, dentro do programa "Aprende a través do surfing", as xornadas prácticas na praia Area Maior de Malpica.

Unha xornadas nas que, un curso máis, o equipo de One Surf Academy acompañou e guiou a nen@s para pór en práctica os coñecementos adquiridos nas xornadas técnicas previas; así como desenvolveron valores de coidado e respecto ao Medio.

Ao tempo, compartimos a publicación dixital ilustrada, da autoría de David Blanco de Rojas, como ferramenta educativa para apoiar este programa e celebrar o Día dos Océanos (8 de xuño).

Premendo no seguinte enlace accederedes á publicación, as ilustracións son da autoría de Catalina Rodríguez Villazón.

"El encuentro. Un cuento de humanos y orcas"



 


 

29.5.23

Leo le... NOVIDADES!_2º e 3º trimestre

Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 2º e 3º trimestre a exposición de novidades foise renovando segundo adquirimos e catalogamos os novos exemplares.

Unha exposición moi valorada e visitada que acolle títulos moi diversos: álbum ilustrado, poesía, teatro, narrativa, de consulta...

Grazas ao orzamento PLAMBE, ao orzamento de centro, doazóns e producións propias podemos seguir ampliando o catálogo da nosa biblioteca para atender á lectura por placer, para informarse... para aprender!

O vindeiro curso máis, ata entón... feliz verán lector!

28.4.23

Lectura na rúa!

Mes das Letras: lectura na rúa

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un curso máis e dentro do noso Mes das Letras, tod@s lemos... na rúa!

Iniciamos o Mes das Letras e celebramos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor exercendo un dos nosos Dereitos de Lectores/as que se recollen no libro "Como unha novela" de Daniel Pennac, concretamente o Dereito número 7:

"Dereito a ler en calquera sitio"

Unha marabilla de actividade tanto pola divulgación e dinamización do acto lector, acto de creación, como pola altísima carga emocional que transmite cada unha das imaxes que aloxa o álbum de fotos. Álbum que se irá incrementando conforme o tempo atmosférico o permita.

14.4.23

Exposición 3º trimestre: VALORANDO... NÓS

Exposición 3º trimestre 2022/23

Presentamos a exposición trimestral que pecha o curso 2022-23 e o PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Libros para gozar do poder da palabra, do marabilloso mundo dos libros, das bibliotecas, da escritura e a lectura, e tamén para informarse e formarse valorando a nosa lingua, o noso medio, as nosas Letras...

10.4.23

VALORANDO... NÓS: proposta de actividades 3º trimestre

Presentamos a proposta de actividades para o último trimestre do presente curso 2022/23.

Un curso co que finalizamos o PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!. Un PDI que desenvolvemos para valorar e salvagardar o noso e entre as actividades pechamos o curso cunha edición máis da nosa revista escolar DígochoEU e o Festival das Letras para celebrar a nosa cultura.

Un trimestre para valorar a nosa lingua, a nosa escrita, a familia, o medio... Un trimestre para seguir VALORANDO... NÓS.



29.6.22

Despedida do curso 2021-22

O mércores 22 de xuño despedimos o curso escolar 2021/22 cunha gran festa no patio do centro, coa merenda a cargo da ANPA e música tradicional por parte do grupo A.C. Malante de Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería

Desexamos que teñades un bo verán, gocedes do merecido descanso e animámosvos a cumprir os retos á sombra que vos propón Leo: quen se atreve a...?

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Moita sorte ao alumnado de 6º de Primaria que emprende nova travesía. O  Milladoiro, a vosa escola, sempre terá as portas abertas para recibirvos!

21.6.22

Xornada de Convivencia

Imaxe CEIP Milladoiro
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Hoxe desfrutamos da xornada de convivencia organizada polo Concello de Malpica para os centros do noso municipio.

A imaxes falan por si mesmas. Había ganas de pasalo ben entre amig@s: saltando, bailando, creando... xunt@s!

Agradecemos ao Concello a invitación, despois de dous difíciles cursos, a unha xornada na que nos divertimos compartindo e finalizando un curso igual de singular que o 2020/21.

20.6.22

Xornada... sobre rodas!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Iniciamos os últimos días lectivos... sobre rodas!

Cada grupo-clase foi pasando polo pavillón para percorrer o circuíto organizado polo mestre de Educación Física, Óscar, e o alumnado de 5º de Primaria como colaboradores; posto que o alumnado de 6º de Primaria estaba na súa graduación.

Tod@s coincidiron en que esta actividade lles gusta moitísimo: patinetes, patíns, monopatíns... ata un mini-tractor para realizar un circuíto no que pór en práctica a educación vial: stop, dirección única, rotonda... e contaminación CERO!

O vindeiro curso, seguro repetiremos!



 

Xornadas de Surf en Malpica

A pasada semana, as aulas de 3º a 6º de Primaria, pecharon o programa "Aprende a través del surfing" na nosa querida praia Area Maior.

O equipo de One Surf Academy guiounos na auga para tomar contacto coas táboas, coas ondas. Asemade, compartimos valores de coidado e respecto ao Medio, creatividade e aprendizaxes de vida.

Unha xornada de fin de programa e de curso que, sen dúbida, non olvidaremos.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos das xornadas


17.6.22

O ollo máxico de Xurxo Alfeirán

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

 Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Recibimos, novamente, a Xurxo Alfeirán que nos presentou no Laboratorio Experimental a súa exposición O ollo máxico.

Experimentamos cos diferentes instrumentos e imaxes, as nosas fotos incluídas, para marabillarnos coa visión, coa maxia da óptica.

Agradecid@s a Xurxo pola súa contribución a experimentación do noso alumnado.

13.6.22

O noso xogo: E ti, de quen vés sendo?

 Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos, en primicia, parte do xogo que en comunidade comezamos a crear no presente curso en relación co PDI que nos ocupa.

Un xogo de produción propia ideado a proposta do Equipo Creativo, en colaboración co Equipo de BE-DL, para reforzar a formación de usuari@s da nosa Biblioteca e profundizar nas nosas raíces: Malpica e Galicia.

Seguen en imprenta as tarxetas de preguntas e repostas elaboradas por cada grupo-clase arredor de Malpica e en produción, na nosa impresora 3D, as fichas-faro, gobeletes-nasa, polbos e cestas mariñeiras.

Impresora 3D

Impresora 3D

Impresora 3D

O vindeiro curso esperamos completar as tarxetas con preguntas arredor de Galicia, mais seguro que damos bo uso a esta primeira parte do noso xogo.

Parabéns a tod@s, pola fantástica produción creada en comunidade e con identidade.


7.6.22

Espazos e recursos... renovamos, organizamos!

Un vídeo que resume moi ben a renovación, organización de espazos e recursos realizada ao longo do curso entre tod@s, para tod@s.

Grazas a diferentes orzamentos (LIA.2, PLAMBE, Biblioteca Inclusiva, Biblioteca Creativa, melloras de centro...) ou axudas (solicitadas pola ANPA) puidemos realizar melloras para seguir transitando o camiño cara unha 

EDUCACIÓN NO RURAL: pública, inclusiva, equitativa e de calidade 


ODS 4


5.6.22

Lab. de Ideas: XOGOS 3R

Laboratorio de Ideas: xogos 3R

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe, Día do Medio Ambiente, presentamos os produtos finais do último laboratorio de aprendizaxe do curso, o Laboratorio de Ideas, recollido na proposta de actividades trimestrais.

O xogo e o texto instructivo presidiron o laboratorio e grazas a gran creatividade de tod@s xurdiron xogos 3R diversos, tales como:

  • Emboque de 4º de Infantil: botellas de plástico con adhesivos moi coloridos.
  • Dominó de 5º de Infantil: pedras reutilizadas con deseño propio.
  • O pano de 6º de Infantil e 1º de Primaria: retallos de tea variados e... cosidos!
  • Choiva de tapóns de 2º de Primaria: paus e tapóns de plástico a cachón.
  • Tira-bólas de 3º de Primaria: cartón e botellas de plástico para unha rampa personalizada.
  • Raiola de 4º de Primaria: caixas, páxinas de libros deteriorados/expurgados e tapóns de plástico para mesturar dous xogos tradicionais (RA e marIOLA)
  • Tres en raia de 5º de Primaria: cartón e cápsulas de café para deseñar taboleiro e fichas propias.
  • Teléfono escacharrado de 6ºA de Primaria: envases de iogur, xornais e fío para comunicarnos.
  • Os birlos, cor a esgalla, de 6ºB de Primaria: area, xornais e botellas de plástico con temática diversa.

Parabéns a tod@s! Coidando o Medio Ambiente, aplicando as 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

Xogos aos que daremos bo uso nestas últimas semanas de curso e... o vindeiro!

 

3.6.22

Recreos na Biblio!_3º trimestre

Recreo BE Milladoiro

Pechamos o uso e desfrute do espazo da nosa Biblioteca, por este curso, co agrado de atesourar a vida escolar en imaxes; entre elas, esta fotografía dun recreo do presente trimestre na Biblio: espazo vivo, viveiro de desfrute persoal e social, á calor de boas lecturas, de xogos, de experiencias compartidas e vividas entre iguais e con liberdade.

Grazas a toda a comunidade por aportar o seu gran de area na singradura proxectada ao comezo de curso: lectura, información e aprendizaxe ao abeiro da BE-LeoLab.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos dos recreos na biblio ao longo do curso, entre as cales se recollen as deste curto, pero intenso, último trimestre.

Voltamos en outubro!

31.5.22

Leo le... NOVIDADES!_3º trimestre

Leo le... NOVIDADES!_3º trimestre

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos as últimas novidades que dinamizamos, divulgamos ao longo do 3º trimestre e navegaron ás aulas ou aos domicilios.

Novas adquisicións de títulos diversos enmarcados, moitos deles, dentro do orzamento de Biblioteca Inclusiva.

Asemade, adquirimos xogos para a zona lúdica. Diversidade de materiais para dar bo uso deles na nosa Biblio, compartindo tempos de aprendizaxes significativas.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

O vindeiro curso máis! 

Libros de tipoloxías e formatos diversos recalarán na Biblio para facernos navegar, a TOD@S, nun mar de emocións, información, aprendizaxes e experiencias persoais, sociais.

Hoxe le..._3º trimestre

NÓS... TAMÉN LEMOS! 5º de Infantil

Non podiamos estar máis satisfeit@s coa actividade Hoxe le... desenvolta ao longo deste curso 2021/22.

A imaxe fala por si mesma, dúas nenas de 5º de Infantil (4 anos) imitando a compañeir@s, "maiores lectores/as", porque elas tamén... LEN!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos das diferentes sesións deste último trimestre, unha delas ata se desenvolveu na aula ao estar a Biblio ocupada pola función de teatro; xa que @s nen@s non olvidan o día en que se emocionan, se recrean coa lectura compartida entre iguais.

O vindeiro curso máis! Ata entón...

FELIZ VERÁN LECTOR, FELICES LECTURAS EN FAMILIA!

18.5.22

Exposición: Valorando

Exposicion 3ºT: valorando

A última exposición do curso 2021-22, Valorando, recolle exemplares relacionados coa proposta de actividades trimestral en relación co PDI NÓS.

Exposición que pon o acento na importancia de valorar as nosas tradicións, as nosas raíces: culturais, escritas, lúdicas... para construír comunidades sustentables e con identidade.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

O vindeiro curso seguiremos dinamizando, divulgando máis cultura e lectura.