Amosando publicacións coa etiqueta 2024_25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2024_25. Amosar todas as publicacións

17.6.25

Xornada de xogos de mesa

 


Hoxe vivimos unha intensa xornada de xogos de mesa, onde os alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria foron os árbitos de diferentes xogos: twister, parchís, tres en raia, uno, vaca, as 7 marabillas do mundo... para o resto de alumnado de primaria. Despois do recreo sumáronse o alumnado de Educación Infantil con xogos tradicionais, vivindo así un gran día de convivencia. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: xornada de xogos.

7.5.25

De feira... no patio do cole!

 

Presentamos o cartel remitido por Jardanay, empresa que xestiona o comedor escolar, no que convida a toda a comunidade a unha xornada de feira no patio do colexio o vindeiro luns 12 de maio de 16:00 a 19:00 h.

Xornada na que presentarán como traballan, así como facilitarán outros postos de mercado de proximidade e xogos/obradoiros para a cativada, que deberá vir acompañada de algún adulto.

Animámosvos a pasar unha xornada en comunidade, pechando o PDI que nos ocupou estes dous últimos cursos.

Premer na seguinte imaxe para acceder á galería de fotos da xornada.