Mostrando entradas con la etiqueta Hirundo rustica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hirundo rustica. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de junio de 2011

Seguen chegando as aves estivais

Coa primavera ben entrada e o verán asomando á volta da esquina podemos observar como as aves estivais que visitan a comarca da Fonsagrada seguen chegando. Aínda que botamos en falta algún aguia cobreira Circaetus gallicus máis a estas alturas do ano, si puidemos ver que as observacións de voitres Gyps fulvus están empezando a repetirse, como os mínimo 11 exemplares que observamos o 28/05/2011 por Pedras Apañadas e logo polo Alto do Cerredo.
Voitre Gyps fulvus polo Alto de Cerredo (A Fonsagrada).
Tamén observamos xa desde fai tempo as rulas Streptopelia turtur, como os 2 exemplares observados por Lamas de Moreira o 29/05/2011. Esta especie estival parece que cada ano nos visita en menor número. O caso oposto é a rula turca Streptopelia decaocto, da que cada vez é máis usual facer observacións na comarca.

Rula Streptopelia turtur por Lamas de Moreira (A Fonsagrada).

A papuxa do mato Sylvia undata tamén está xa en plena crianza, como as 2 parexas observada na fraga da Marronda (Baleira) o 15/05/2011.

Papuxa do mato Sylvia undata polo fraga da Marronda (Baleira).
Ademais as andoriñas Hirundo rustica xa colonizaron as cortes da comarca e as andoriñas dauricas Hirundo daurica fan os seus niños baixo as súas pontes preferidas polo encoro do río Navia. Aínda que non son amigo de sacar fotos de niños, entederedes que neste caso, desde a porta da corte, non creo que molestara máis que as vacas ou os seus gandeiros diariamente.

Niño de andoriñas Hirundo rustica pola Fonsagrada.
.
Outras observacións, xa de aves residentes, como o peto verde Picus viridus observado por Redrollán (A Fonsagrada) o 20/05/2011.

Peto verde Picus viridis por Redrollán (A Fonsagrada).

domingo, 4 de julio de 2010

Citas ornitolóxicas de xuño 2010

Neste pasado mes de xuño volvemos a deixar un pouco de lado aos paxaros. Aínda así temos un puñadiño de citas destacables que contar.
O 2/6/2010, por Ernes (Negueira de Muñiz) un miñato abelleiro Pernis apivorus. Polo Coto de Lamas (A Fonsagrada) 1 cotovía pequena Lullula arborea.


Cotovía pequena Lullula arborea polo Coto de Lamas (A Fonsagrada).

O 14/6/2010 un macho de gatafornela Circus cyaneus pola Cruz da Nena, A Marronda (Baleira) e outro o 17/6/2010 polo Alto do Acevo (A Fonsagrada).

O 22/6/2010 no basureiro de Fonsagrada máis de 180 corvos grandes Corvus corax e 3 millafres negros Milvus migrans. Tamén un peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).


Millafre negro Milvus migrans polo basureiro de A Fonsagrada.

Peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).
O 25/6/2010 en San Breixo, Lamas de Moreira (A Fonsagrada) 2 adultos e 2 xuvenís de ferreiriño azul Parus caeruleus e 2 adultos de ferreiriño real Parus major.


Ferreiriño azul Parus caeruleus por San Breixo (A Fonsagrada).
O 30/6/2010 en Santa María de Pacios (A Fonsagrada) 10 andoriñas Hirundo rustica, 8 andoriñas de cu branco Delichon urbica e 1 gatafornela Circus cyaneus.


Andoriñas de cu branco Delichon urbica por Santa Maria de Pacios (A Fonsagrada).


Gatafornela Circus cyaneus por Santa María de Pacios (A Fonsagrada).

domingo, 18 de abril de 2010

Novas observacións ornitolóxicas 16/4/2010

Segundo vai entrando a primaveira seguimos observando na comarca novos visitantes de paso, outros que veñen para quedarse ata o fin do estío e outros que están todo o ano e así imos censando ornitolóxicamente a comarca.
Xa levamos unha semana sen ver ás dúas garzas reais Ardea cinerea que nos regatos e prados de Córneas (Baleira) e Sanguñedo (A Fonsagrada) levaban todo o inverno.
No encoro de Salime seguen:
Corvo mariño grande Phalacrocorax carbo - 8
Lavancos Anas platyrhynchos - 6
Choias Pyrrhocorax pyrrhocorax - 33
Merlo azul Monticola solitarius - 1 preto de Arexo
Andoriña Hirundo rustica - 15 (desde fai 15 días)
Pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe.- 6 (os primeiros polo Campo do Vento e Peizais en A Fonsagrada).
Lavercas Alauda arvensis - 7 e petos verdes Picus viridis - 2 (pola Cortevella, Baleira).
Cucos Cuculus canorus - 1 (o primeiro do ano por Pacios , A Fonsagrada).


Cuco Cuculus canorus na Fonsagrada


Peto verde Picus viridis por Baleira.



Pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe pola Fonsagrada.

Andoriñas Hirundo rustica na Fonsagrada.