Mostrando entradas con la etiqueta Gyps fulvus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gyps fulvus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2025

Desde febreiro do 2024 ata finais de ano.

Unhas fotografías de aves deste ano pasado:

Bubela eurasiática Upupa epops o 8 de abril por Corneantes (Cervantes).
Gatafornela Circus cyaneus o 14 de abril polo pico Penarrubia (Cervantes).
Peto verdeal ibérico Picus sharpei o 20 de abril por Liñares de Bidul (A Fonsagrada).
Papuxa común Curruca communis o 24 de abril por Neira de Rei (Baralla).
Picanzo vermello Lanius collurio o 9 de maio por Neira de Rei (Baralla).
Voitre negro Aegypius monachus o 3 de xuño por Ouviaña (Ribeira de Piquín).
Cuco cincento Cuculus canorus o 6 de agosto por Neira de Rei (Baralla).
Voitre eurasiático Gyps fulvus o 10 de agosto polo pico Penarrubia (Cervantes).
Chasco do norte Saxicola rubetra o 9 de setembro por Monteseiro (A Fonsagrada).
Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe o 9 de setembro por Monteseiro (A Fonsagrada).
Miñato real Milvus milvus o 15 de outubro por Puñago (Baleira).
2 Avefrías choromicas Vanellus vanellus o 31 de outubro por Neira de Rei (Baralla).
Merlo de colar Turdus torquatus o 9 de novembro polo pico Penarrubia (Cervantes).

domingo, 5 de junio de 2011

Seguen chegando as aves estivais

Coa primavera ben entrada e o verán asomando á volta da esquina podemos observar como as aves estivais que visitan a comarca da Fonsagrada seguen chegando. Aínda que botamos en falta algún aguia cobreira Circaetus gallicus máis a estas alturas do ano, si puidemos ver que as observacións de voitres Gyps fulvus están empezando a repetirse, como os mínimo 11 exemplares que observamos o 28/05/2011 por Pedras Apañadas e logo polo Alto do Cerredo.
Voitre Gyps fulvus polo Alto de Cerredo (A Fonsagrada).
Tamén observamos xa desde fai tempo as rulas Streptopelia turtur, como os 2 exemplares observados por Lamas de Moreira o 29/05/2011. Esta especie estival parece que cada ano nos visita en menor número. O caso oposto é a rula turca Streptopelia decaocto, da que cada vez é máis usual facer observacións na comarca.

Rula Streptopelia turtur por Lamas de Moreira (A Fonsagrada).

A papuxa do mato Sylvia undata tamén está xa en plena crianza, como as 2 parexas observada na fraga da Marronda (Baleira) o 15/05/2011.

Papuxa do mato Sylvia undata polo fraga da Marronda (Baleira).
Ademais as andoriñas Hirundo rustica xa colonizaron as cortes da comarca e as andoriñas dauricas Hirundo daurica fan os seus niños baixo as súas pontes preferidas polo encoro do río Navia. Aínda que non son amigo de sacar fotos de niños, entederedes que neste caso, desde a porta da corte, non creo que molestara máis que as vacas ou os seus gandeiros diariamente.

Niño de andoriñas Hirundo rustica pola Fonsagrada.
.
Outras observacións, xa de aves residentes, como o peto verde Picus viridus observado por Redrollán (A Fonsagrada) o 20/05/2011.

Peto verde Picus viridis por Redrollán (A Fonsagrada).

lunes, 27 de septiembre de 2010

De voitres e parques eólicos

O voitre Gyps fulvus é outra especie que se pode observar na comarca da Fonsagrada. Son comúns as observacións que nos seus movementos primaverais e no verán fan por terras galegas esta especie nos últimos anos e tamén na comarca da Fonsagrada. As citas que coñecemos falan de observacións nesta comarca sobre todo entre Abril e Maio e non coñecemos ningúnha cría confirmada desta especie por estas terras.
Pero o caso do que quería falar é outro. Gracias á información e ás fotografías que me pasou un compañeiro (graciñas meu) me informa dun caso de morte dun voitre por colisión cunha aspa dun muiño dun parque eólico preto de O Sixto (Ourol). Lugar moi preto dun dormideiro de voitres habitual nos últimos anos pola zona.


Voitre Gyps fulvus morto preto de O Sixto (Ourol)

E mira que non quería seguir sacando máis fiambres no blog, pero estas fotografías me chamaron poderosamente a atención polo documento visual que son do impacto ambiental dos moitos aeroxeradores que existen nesta terra ca fauna ornitolóxica desta forma tan directa.
Este caso ocorríu alá polo 26 de xullo de 2010, pero me conta que non é o primeiro que ve, xa que o ano pasado xa atopara outro voitre morto noutro parque eólico por Abadín, ademais de miñatos Buteo buteo,...


Voitre Gyps fulvus morto preto de O Sixto (Ourol)

En fin, que vos deixo estas imaxes porque non creo que necesiten máis e porque como se acostuma a dicir: unha imaxe vale máis que mil palabras.



Voitre Gyps fulvus morto preto de O Sixto (Ourol)