Unhas fotografías de aves deste ano pasado:
Mostrando entradas con la etiqueta Circus cyaneus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Circus cyaneus. Mostrar todas las entradas
miércoles, 14 de mayo de 2025
lunes, 27 de julio de 2015
Poñémonos ó día cos paxaros
Sempre me pasa o
mesmo, vou xuntado cousiñas para incorporar ao blog e nunca atopo o
momento de amosalas. E cando un se da conta xa é tarde e o volume de
datos é grande para facelo axeitadamente.
Así que desta
volta tocan os paxaros, imos tentar poñernos ao día con esta
listaxe de citas recompiladas neste últimos meses e que aínda non
viran a luz.
-Paspallás
Coturnix coturnix: 2 ex saen voando por riba de Brañas da Serra
(Pedrafita do Cebreiro) o 17/06/2015.
-Aguia cobreira
Circaetus gallicus: 3 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o
12/06/2015. Tamén observado un ex entre Degrada e a Fiosa
(Cervantes)o 23/04/2015 e o 09/07/2015, e outro ex novo pousado
preto do refuxio de Brego (Cervantes) o 09/06/2015.
Aguia cobreira
Circaetus gallicus preto de Degrada (Ancares).
Aguia cobreira
Circaetus gallicus preto do refuxio de Brego (Cervantes). Foto: Pepe.
-Aguia calzada
Hieraaetus pennatus: 1 ex fase intermedia preto río Neira por riba
de Os Mazos (Baralla) o 24/04/2015.
-Millafre real
Milvus milvus: 1 ex sobrevoando o casco urbán de Becerreá o
09/07/2015, probablemente o mesmo que voltamos a observar sobrevoando
acceso A6 preto do Cereixal (Becerreá) o 18/07/2015.
Millafre real
Milvus milvus preto de Becerreá.
-Gatafornela
Circus cyaneus: 1 parella en cortexo nas ladeiras do Penarrubia
(Cervantes) o 12/04/2015. Tamén1 ex macho sobrevoando o pico das
Arquelas no val do Rao preto de Becerral (Navia de Suarna) o
15/07/2015.
Gatafornela
Circus cyaneus preto de Becerral (Navia de Suarna).
-Tartaraña
cincenta Circus pygargus: 4 ex (2 parellas adultas) por riba de Catro
Ventos (Cervantes) o 23/04/2015. Tamén 2 ex machos primeiro ano no
pastizal da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira) o
07/07/2015.
Tartaraña
cincenta Circus pygargus por riba de Catro
Ventos (Cervantes.
-Lagarteiro das
Torres Falco naumanni: 3 ex no pastizal da Cima de Valquente, preto
de Teilalle (Baleira) o 07/07/2015.
-Falcón peregrino
Falco peregrinus: 1 ex. na pena de Murias (Navia de Suarna) aínda
con neve o 23/01/2015.
Falcón peregrino
Falco peregrinus na pena de Murias (Navia de Suarna).
-Galiñola
Gallinula chloropus: 5 ex na charca de Reboira (A Fonsagrada) o
09/07/2015.
-Pombo pequeno
Columba oenas: 1 ex no alto dos penedos na Cruz da Horta preto da
canteira de Cruzul (Becerreá) o 21/03/2015. Tamén 2 ex (1 parella
adulta) na canteira de Cruzul (Becerreá) o 25/05/2015. Probable
reproducción.
Pombo pequeno
Columba oenas preto da
canteira de Cruzul (Becerreá).
-Cuco Cuculus
canorus: 1 ex o 22/04/2015 baixando de Degrada a Cela (Cervantes),
máis exemplares oídos na comarca.
Cuco Cuculus
canorus baixando de Degrada a Cela (Cervantes).
-Avelaiona Strix
aluco: 1 ex á noitiña entre Vilarín e Chao de Vilarín (Navia de
Suarna) o 27/02/2015. Tamén un polo preto de Valdeferreiros
(Asturias) o 23/7/2015.
-Curuxa Tyto alba:
1 ex á noitiña preto de Balgos (Cervantes) o 27/02/2015.
-Bubela Upupa
epops: 1 ex preto do antigo basureiro de Pedrafita (Pedrafita do
Cebreiro) o 22/07/2015.
-Picapeixe Alcedo
atthis: 1 ex pasa voando polo Río Navia preto da coñecida como
pista de Fraga (Navia de Suarna) o 07/07/2015.
-Laverca Alauda
arvensis: 4 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015.
-Cotovía pequena
Lullula arborea: 1 ex por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro) a 1480
msnm o 9/03/2015.
Cotovía pequena
Lullula arborea por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro).
-Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe: 1 ex na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes) o
30/09/2014. Outro ex nos pastizais por riba de Pintinidoira
(Pedrafita do Cebreiro) o 12/04/2015.
Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes).
Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe por riba de Pintinidoira
(Pedrafita do Cebreiro.
-Papuxa montesa
Sylvia undata,: 2 ex por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna) na
neve o 23/01/2015.
Papuxa montesa
Sylvia undata por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna).
-Picafollas
europeo Phylloscopus collybita: 2 ex preto da canteira de Cruzul
(Becerreá) o 17/04/2015.
- Ferreiriño azul
Cyanistes caeruleus o 21/02/2015, 1 ex. en Eixibrón (Becerreá).
Tamén no mesmo sitio 1 Ferreiriño real Parus major e 1 Gabeador
azul Sitta europaea.
Ferreiriño azul
Cyanistes caeruleus por Eixibrón (Becerreá).
Ferreiriño real Parus major por Eixibrón (Becerreá).
Gabeador
azul Sitta europaea por Eixibrón (Becerreá).
- Ferreiriño
cristado Lophophanes cristatus: 1 ex En Folgueiroa, Dorna (Cervantes)
o 22/02/2015.
- Picanzo vermello
Lanius collurio: 1 femia no Pico do Sol preto de Pan do Zarco o
23/07/2015.
-Ouriolo Oriolus
oriolus: 1 parella pasa voando preto de Chan de Pena (Riocereixa)
(Pedrafita do Cebreiro) o 14/05/2015. Tamén un macho preto de
Cadoalla (Becerreá) o 24/7/2015.
-Liñaceiro
Carduelis cannabina: 2 ex por Rao (Navia de Suarna) o 14/04/2015.
Foto de 1 femia.
Liñaceiro
Carduelis cannabina por Rao (Navia de Suarna.
-Trigueirón
Miliaria calandria: 1 ex preto da A6 baixando a Horta (Becerreá) o
25/05/2015.
Trigueirón
Miliaria calandria preto da A6 baixando a Horta (Becerreá).
martes, 11 de diciembre de 2012
Chegou o inverno
Non quería deixar
que rematara o ano sen unha nova entrada que me permitira falar desta
época do ano.
Como xa se nota
chegou o inverno e na comarca da Fonsagrada xa caeu a primeira
nevarada que seguro que no será a última. As ladeiras e os vales
dos montes xa levan desde o outono tinxidos desas cores tan típicas
previas á caída das follas das árbores caducifolias (aínda que as
especies marcescentes se resisten a este feito) das que todavía se
conservan boas superficies por aquí.
Un bo exemplo
disto é a fraga da Marronda, na que a presenza das faias Fagus
sylvatica sumada á das árbores autóctonas comúns tamén
presentes, achegan a este espazo e nesta época do ano unhas cores
difícil de observar noutros lugares de Galicia.
O val da fraga da
Marronda en novembro.
Unha ladeira da
fraga da Marronda en novembro.
Un paseo polo
interior da Marronda permite ver máis de cerca esta cromática
estacional da flora reflexoe do avance da estación do ano na que nos
atopamos. E no fondo do val unha seimeira (si, unha seimeira, o nome
que reciben as fervenzas por estas terras) que como corresponde á
época vai con máis auga e polo tanto luce moito mellor.
Interior da fraga
da Marronda baixo o faial.
Seimeira da
Marronda.
Non deixa de ser o
inverno unha época do ano na que acostuman chegar visitas
ornitolóxicas que xa co pasa dos anos se convirten en habituais. Así
é como observamos novos individuos recen chegados de pimpíns do norte Fringilla montifringilla, picanzos reais
Lanius meridionalis, esmerillóns Falco columbarius e
gatafornelas Circus cyaneus que fan os paseos invernais
realmente entretidos.
Macho adulto de
gatafornela Circus cyaneus.
Picanzo real
Lanius meridionalis.
En definitiva, se
as condición climatolóxicas o permiten e o frío non vos da medo,
esta época do ano é do máis interesante para visitar e disfrutar
desta comarca e aproveitar para tomar un bo cocido de paso que disfrutades da natureza en todo o seu esplendor na súa dinámica estacional.
jueves, 9 de septiembre de 2010
Novas observacións ornitolóxicas de Agosto
Ademais das citas comentadas na entrada anterior, por baixas de efectivos, o mes de Agosto tamén aportou outras observacións que paso a comentar.
Foi interesante ver como a perdiz Alectoris rufa aparecía a principios de mes ata en catro ocasións acompañada de perdigóns en diferentes zonas da comarca: A Fornaza, basureiro selado de Baleira, Sanguñedo e outros. Parece que vai a ser un bo ano de cría da especie.
Saímos por primeira vez da comarca para ir ao veciño concello de Baralla. Alí descubríu o compañeiro Pío (gracias Pío pola información) a primeira colonia de andoriña das barreiras Riparia riparia que observamos nesta zona. A visitamos o 25/8/10 e alí observamos unha poboación estimada de 5-6 parexas todavía en plena ceba dos seus polos. Encravada nun talude areoso nunha graveira ao lado do río Neira cerca da ponte de Santo Estevo (Baralla), esperemos que este habitat idóneo para esta especie non teña modificacións significativas no tempo e poder manter esta poboación ao longo dos anos.
Foi interesante ver como a perdiz Alectoris rufa aparecía a principios de mes ata en catro ocasións acompañada de perdigóns en diferentes zonas da comarca: A Fornaza, basureiro selado de Baleira, Sanguñedo e outros. Parece que vai a ser un bo ano de cría da especie.
Unha gatafornela Circus cyaneus aparecía facendo pasadas por Montouto (A Fonsagrada) o 16/8/10.
Saímos por primeira vez da comarca para ir ao veciño concello de Baralla. Alí descubríu o compañeiro Pío (gracias Pío pola información) a primeira colonia de andoriña das barreiras Riparia riparia que observamos nesta zona. A visitamos o 25/8/10 e alí observamos unha poboación estimada de 5-6 parexas todavía en plena ceba dos seus polos. Encravada nun talude areoso nunha graveira ao lado do río Neira cerca da ponte de Santo Estevo (Baralla), esperemos que este habitat idóneo para esta especie non teña modificacións significativas no tempo e poder manter esta poboación ao longo dos anos.
O 27/8/10 visitamos o río Esteleiro, preto de San Pedro de Neiro (A Fonsagrada) e antes de chegar nunha pequena masa de cerquiños Quercus pyrenaica observamos 3 gabeadores azuis Sitta europaea e 1 gabeador Certhia brachydactyla.
Ese mesmo día observamos un pilro común Calidris alpina no río Eo, preto de Fonteo (Baleira). Esta limícola tan habitual noutras zonas a observamos na comarca da Fonsagrada por primeira vez revoloteando entre as balsas de auga da piscifactoría do río Eo.
domingo, 4 de julio de 2010
Citas ornitolóxicas de xuño 2010
Neste pasado mes de xuño volvemos a deixar un pouco de lado aos paxaros. Aínda así temos un puñadiño de citas destacables que contar.

O 2/6/2010, por Ernes (Negueira de Muñiz) un miñato abelleiro Pernis apivorus. Polo Coto de Lamas (A Fonsagrada) 1 cotovía pequena Lullula arborea.
Cotovía pequena Lullula arborea polo Coto de Lamas (A Fonsagrada).
O 14/6/2010 un macho de gatafornela Circus cyaneus pola Cruz da Nena, A Marronda (Baleira) e outro o 17/6/2010 polo Alto do Acevo (A Fonsagrada).
O 14/6/2010 un macho de gatafornela Circus cyaneus pola Cruz da Nena, A Marronda (Baleira) e outro o 17/6/2010 polo Alto do Acevo (A Fonsagrada).
O 22/6/2010 no basureiro de Fonsagrada máis de 180 corvos grandes Corvus corax e 3 millafres negros Milvus migrans. Tamén un peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).
Peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).
O 25/6/2010 en San Breixo, Lamas de Moreira (A Fonsagrada) 2 adultos e 2 xuvenís de ferreiriño azul Parus caeruleus e 2 adultos de ferreiriño real Parus major.
O 25/6/2010 en San Breixo, Lamas de Moreira (A Fonsagrada) 2 adultos e 2 xuvenís de ferreiriño azul Parus caeruleus e 2 adultos de ferreiriño real Parus major.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)